Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Xacobeo patrocina o Festival de Pardiñas 2010

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo patrocina a XXXI edición do Festival de Pardiñas, que terá lugar na localidade lucense de Guitiriz os vindeiros días 7 e 8 de agosto. Así o confirmou o xefe territorial de Cultura e Turismo, Xosé Carlos Rodríguez Andina, no acto de presentación do evento.

O Festival de Pardiñas, que se vén celebrando anualmente dende 1980, é un dos festivais de referencia do verán galego e está considerado unha Festa de Interese Turístico Galego. “Pardiñas é unha cita moi arraigada, unha tradición importante con proxección en toda Galicia”, asegurou o xefe territorial de Cultura.

O coordinador da asociación cultural Xermolos e responsable da organización do festival, Alfonso Blanco, mostrouse moi satisfeito por contar co patrocinio do Xacobeo e agradeceu o apoio “non só económico, tamén cultural” da Xunta de Galicia. “Estar no Camiño norte –afirmou- é fundamental para nós”.

O programa desta XXXI edición da Feira e Festa da Música e da Arte de Pardiñas inclúe pintura, escultura, literatura, fotografía e, sobre todo, música. Dez artistas e grupos –a maior parte galegos, pero tamén chegados de Madrid, Alemaña e Irlanda- conforman un cartel que, en palabras de Alfonso Blanco, “reflexa á perfección espírito de Pardiñas: animar a cantar, a bailar, a facer troula”. Así, entre os músicos encargados da animación nocturna do festival, destacan o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e as formacións Bellón Maceiras Quinteto, Canteca de Macao e Galegoz.

Actividades para todas e todos

Ademais, aqueles que se acheguen a Guitiriz os vindeiros días 7 e 8 de agosto poderán visitar a XVII Mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional e a XXXI Mostra de Artesanía, que inclúe mostras de pintura, cerámica, escultura e fotografía.

Nesta edición, que, segundo cálculos da organización, atraerá a uns 20.000 visitantes, tamén haberá espazo para a literatura. Así, a tarde do domingo 8 iniciarase co pregón do sociólogo Bernardo García Cendán e contará coa participación dos escritores Xosé Neira Vilas e Marica Campo, entre outros. Eles serán os encargados de entregar os premios do certame infantil de poesía, contos e debuxo no que, este ano, participaron máis de 900 nenos e nenas duns 40 colexios galegos.

Neste sentido, Alfonso Blanco destacou o labor dos máis novos e asegurou que o festival de Pardiñas “mantense xeración a xeración, levado adiante pola xente moza”. O coordinador da asociación Xermolos xustificou deste xeito o esforzo económico que se fixo este ano para poñer en marcha o festival. “Aínda que custe cartos – afirmou- produce ledicia, ánimo, festa e unión para tirar adiante”.

O patrocinio do Xacobeo é, como apuntou Blanco na presentación do festival, “fundamental para facer un festival activo, participativo, como queremos que sexa Pardiñas”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información