Cultura promove a difusión de Rosalía de Castro no 125º aniversario do seu pasamento

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, investirá 17.640 euros en adquirir máis de 1.000 exemplares de Follas Novas e En las orillas del Sar. Estas obras serán repartidas pola Fundación Rosalía de Castro entre todos os escolares que visiten a Casa da Matanza, casa-museo situada en Padrón e na que a escritora viviu os derradeiros anos da súa vida.
Asemade, Cultura e Turismo asinará proximamente un convenio de colaboración coa Fundación Rosalía de Castro por valor de 17.500 euros para a organización conxunta de actividades culturais que permitan dar a coñecer entre todos os galegos a importancia da figura e obra de Rosalía.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia