Uxía Senlle abre o IV Entre Lusco e Fusco

Baixo o título Vintecinco anos con Uxía, a intérprete de Mos presenta na capital luguesa os temas do seu proxecto máis íntimo e persoal, Uxía Trío, no que conta co acompañamento musical das guitarras de Sergio Tannus e Alejandro Luzardo.
No concerto escoitaranse tamén versións dos temas máis representativos dos seus vintecinco anos de carreira xunto a algunhas sorpresas e novidades. Uxía sempre se caracterizou por reivindicar a proximidade co público con concertos nos que cantar ao oído da xente e facer que participe e respire con ela as súas melodías e letras favoritas.
Iván Ferreiro
O vigués Iván Ferreiro, que formara parte do grupo Los Piratas, tomará o relevo o mércores 21. Presentará o seu terceiro disco en solitario, Picnic Extraterrestre, unha obra penetrante e dominada pola intensidade emocional e os climas musicais á que sobrevoa unha certa sensación de catarse.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)