Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Morcheeba e Juliette Lewis, no Help Concert Xacobeo 2010

Xacobeo 2010 ten programado para o xoves, 24 de xuño, o primeiro Help Concert, que se celebrará no Multiusos do Sar e no que actuarán Morcheeba e Juliette Lewis xunto ao grupo galego Cornelius 1960. Incluída na programación de Xacobeo 2010 para o Camiño da Música, o obxectivo desta iniciativa é afondar na concienciación sobre o cambio climático e recadar fondos para os máis necesitados e vulnerables aos efectos do mesmo. En concreto, a recadación irá destinada a Manos Unidas e Juntos Podemos. As entradas para asistir á noite de Help Concert poden adquirirse a través de El Corte Inglés e Caixa Galicia.

Na noite de Help Concert, o célebre grupo Morcheeba presentará en exclusiva e por primeira vez en España o seu novo traballo Blood like lemonade, coa esperada volta da súa mítica vocalista Skye Edwards e a súa reunión cos irmáns Paul e Godfrey Ross. Este novo traballo non só supón o retorno da voz soul da cantante, senón que recolle a esencia de clásicos como Who can you trust? ou Big Calm e transporta ao oínte a novos e exóticos lugares. Trátase igualmente, do seu traballo máis introspectivo, con temas que reflicten a situación persoal da banda, ademais doutros con carácter máis aberto, como as situacións e personaxes descritas por Paul Godfrey nalgunha das cancións. Caracterizada pola súa mestura de trip hop, blues e pop e nada a mediados dos anos 90, Morcheeba converteuse nunha referencia musical que retorna cun novo traballo desde o seu último álbum con Skye Edwards como vocalista en 2003.

No Help Concert tamén estará a actriz e cantante Juliette Lewis, que conta ás súas costas cunha longa carreira cinematográfica, na que atesoura títulos coma O cabo do medo, Kalifornia, Asasinos natos ou Aberto ata o amencer, aínda que tamén desenvolve o seu talento e creatividade no eido musical. Precisamente, este concerto solidario será o primeiro escenario de Europa ao que se suba Juliette Lewis para presentar o seu novo disco Terra Incognita. O título do álbum fai referencia a un territorio descoñecido, lugar a onde leva o seu novo traballo, caracterizado polas guitarras e os contrastes de sons.

Help Concert será unha noite para a reunión ao redor da música en directo e a concienciación co problema do cambio climático e os seus efectos negativos. As consecuencias deste problema abranguen ao medio ambiente, pero tamén á economía ou ao benestar da sociedade, ademais, polos seus efectos nos niveis de auga, o quecemento global supón unha ameaza para a subministración da auga. Neste sentido, con iniciativas coma esta, Xacobeo reforza a súa aposta pola conservación do medio ambiente e a sostibilidade.

Outra das bandas que actuará esta noite será o grupo galego Cornelius 1960, unha das agrupacións máis internacionais do momento e que presentará en directo o seu último traballo 1960 e que actuará antes de iniciar a súa xira no estranxeiro. O seu último álbum conta coa participación de Mick Glossop, prestixioso produtor internacional de bandas como Van Morrison, e foi, ademais, mesturado en Nova York por Tatsuya Sato, quen traballou con Madonna. A forza dos seus temas, a imaxinación, a creatividade e a elegancia caracterizan o traballo deste grupo de pop rock.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información