Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cultura investirá 10 millóns de euros no Museo da Romanización de Lugo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, fixo público en Lugo o proxecto gañador do concurso de ideas para a selección de anteproxectos de rehabilitación do Cuartel de San Fernando como Centro de Interpretación e Museo da Romanización. Roberto Varela anunciou na súa intervención unha “inversión aproximada de 10 millóns de euros” no que respecta a “un centro destinado a converterse nunha referencia para a investigación e difusión da nosa cultura e da nosa historia”. O acto de presentación dos premios do concurso de ideas contou coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel; o alcalde de Lugo, José López Orozco, así como algúns membros do xurado, formado por profesionais de recoñecido prestixio, representantes da Administración e técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que avaliaron as 70 propostas de anteproxectos presentadas para o concurso internacional.

A proposta gañadora Perseo, dos arquitectos Pedro Colón de Carvajal Solís e Raquel Buj García, con sede en Madrid e autores doutros proxectos de envergadura como o Monumento ás Vítimas do 11-M, constitúe para o conselleiro un anteproxecto que cumpre coas esixencias de respecto “coas características esenciais do Cuartel de San Fernando e coa contorna urbana que lle rodea, especialmente a Muralla de Lugo”. Roberto Varela destacou do anteproxecto a “sutileza e delicadeza das actuacións que propón no Cuartel de San Fernando, como a entrada de luz a través dunha disimulada fenda na cuberta ou o equilibrio no deseño espacial das salas expositivas e dos lugares de traballo”. O titular de Cultura salientou asemade “a transformación do patio nun espazo cuberto que posibilita múltiples relacións e usos e a liberación que se fai da fachada posterior, que favorece a visión completa do monumento neoclásico”.

O conselleiro amosou a súa satisfacción polo bo desenvolvemento da elección e a exemplaridade do proceso, que desembocou “nun día tan importante para Galicia”. Roberto Varela asegurou que “o xurado tivo moi en conta a excepcional importancia do Cuartel de San Fernando no que se emprazará este Museo da Romanización”, que para a Consellería de Cultura e Turismo “será unha infraestrutura primordial no programa da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico” na que se integran asemade, os Centros de Interpretación de Arte Rupestre en Campo Lameiro, o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e o do Megalitismo da Costa da Morte. Acerca do Cuartel de San Fernando, edificio do século XVIII, o titular de Cultura subliñou a súa calidade de “Ben de Interese Cultural e que ten unha extraordinaria importancia dentro da arquitectura neoclásica civil de Galicia pola súa sinxeleza, a súa funcionalidade e a súa singularidade arquitectónica”.

O concurso de ideas para a construción do Centro de Interpretación e Museo da Romanización seleccionou tamén como segundo premio o proxecto Ianus, deseñado polos arquitectos Jacobo Bouzada Jaureguízar e Jesús Sanz Castro; o terceiro premio foi para Zócalo, do estudio Hago S.L. En canto aos accésits, o primeiro foi para a proposta Pasadera, de Luis de la Rica Castedo, e o segundo foi para o proxecto Cittá Aperta, de Felipe Peña Pereda.

Museo da Romanización de Lugo e Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, amosou no discurso do acto de presentación do proxecto gañador do concurso de ideas para a construción do Centro de Interpretación e Museo da Romanización, o compromiso da Consellería e Xunta de Galicia co museo como “fito cultural para a cidade de Lugo e para toda Galicia”.

Segundo o conselleiro, o proxecto seleccionado que contará con “espazos de exposicións, un centro de consulta especializada e unha biblioteca”, é un “novo paso por parte da Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de explotar a gran potencialidade cultural e turística que ten Lugo” cidade que estableceu como “unha das prioridades”.

Roberto Varela cualificou “a riqueza do patrimonio desta cidade” como “sobresaínte”, configurando o Museo da Romanización como “unha necesidade para facer máis completo e profundo o coñecemento e divulgación do patrimonio propio”.

O Cuartel de San Fernando, patrimonio galego

O Cuartel de San Fernando ou dos inválidos de Lugo é un edificio neoclásico que comezouse a construír en 1779, cando o rei Carlos III decidiu erixir en Lugo un cuartel destinado a atender aos inválidos do exército.

O cuartel atópase dentro do recinto murado da cidade de Lugo, situado na actual Praza de Ferrol fronte á parroquia de San Froilán e o Colexio da Milagrosa, nas inmediacións da porta da muralla chamada de San Fernando ou da Avenida da Coruña. O proxecto inicial é de Bartolomé de Amphoux, e nel o edificio organizábase en torno a dous patios separados mediante o pavillón destinado aos soldados de infantería. Na actualidade ao non existir ese pavillón central os dous patios atópanse unidos, presentando o edificio unha planta rectangular moi pouco frecuente en edificios destas características.

O edificio conta con dúas plantas e un espazo baixo cuberta. A obra destaca pola sinxeleza e a funcionalidade, evitando todo ornato que puidera resultar superfluo. Despois de 225 anos, o Cuartel dos Inválidos de San Fernando, único acuartelamento construído na cidade na época ilustrada, conserva as súas estruturas e organización espacial, de xeito que constitúe un exemplar de extraordinaria importancia da arquitectura neoclásica civil en Galicia.

O edificio conta cos valores arquitectónicos e histórico – construtivos que derivan da singularidade da solución arquitectónica, estrutural, espacial e funcional deseñada polo autor do proxecto. O deseño e a construción utilizaron e aproveitaron ao límite as posibilidades dos sistemas construtivos e dos materiais dispoñibles en Lugo naquel momento, o que aumenta o seu valor técnico e científico.

Destaca tamén a singularidade construtiva e tecnolóxica que representa o sistema estrutural das armazóns de madeira que soportan os pisos horizontais e os faldróns de cuberta, así como o enorme volume de material que foi preciso utilizar para a súa construción. A luz, sección e o material empregado, fan que na actualidade esta solución sexa de moi difícil reposición, senón imposible, o que aumenta o seu valor histórico e cultural.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información