Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A soprano Cristina Gallardo-Domâs grava un disco de cancións galegas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu na Coruña á presentación do inicio da gravación dun novo disco dedicado a algunhas das máis coñecidas cancións do repertorio da música galega. A interpretación destes temas correrá a cargo da gran soprano internacional Cristina Gallardo-Domâs e forma parte das actividades enmarcadas no ciclo Xacobeo Classics. A gravación do disco, que toma o nome da canción galega Lela, comeza hoxe no Centro Mans da cidade herculina.

Á rolda de prensa asistiron a soprano Cristina Gallardo-Domâs; a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera; o compositor Juan Durán; o director artístico de Xacobeo Classics, César Wonenburger; e o xerente do Centro Mans, Guillermo Vergara.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que “reunir nun mesmo proxecto creativo a grandes artistas galegos –cun coñecemento amplísimo da nosa tradición musical popular e culta– e a unha figura de primeiro nivel internacional como é Cristina Gallardo-Domâs, é un fantástico punto de partida para este disco e é unha aposta segura pola excelencia creativa”.

Para Roberto Varela, “os proxectos que teñen a súa orixe nunha suma de vontades creativas e que se inspiran na colaboración artística soen ofrecer un valor engadido en canto que fomentan a aprendizaxe formal, técnica e estética de cada un dos creadores que participan nos mesmos”. Segundo o titular de Cultura e Turismo, con iniciativas de apoio e promoción como a presentada hoxe “conséguese sentar as bases para o progreso profesional e humano dos traballadores da música”

A célebre intérprete gravará durante catro días cancións como Lela, Negra Sombra, María Soliña o Rosa de Abril con novos arranxos sinfónicos realizados expresamente para esta ocasión polo compositor vigués Juan Durán. Cristina Gallardo-Domâs é premio Laurence Oliver e o próximo mes de setembro protagonizará a estrea mundial da ópera Il Postino de Daniel Catalán xunto a Plácido Domingo na ópera de Los Ángeles.

Na elaboración deste singular rexistro terá un protagonismo especial a Orquestra Gaos, formada por músicos novos dos principais conservatorios galegos. A formación Gaos, creada no ano 2009 e que ten ofrecido nos últimos tempos concertos en A Coruña, Vigo, Ferrol e Betanzos, ofrece unha plataforma excepcional para a canteira musical da terra.

Proxección internacional

A iniciativa presentada en A Coruña, que conta coa colaboración da Fundación Paideia, forma parte das actividades deseñadas no marco do ciclo Xacobeo Classics, que durante o Ano Santo se está ocupando de difundir a música de autores galegos pola comunidade. Coa gravación desde disco, as cancións máis populares do repertorio tradicional galego adquirirán unha dimensión internacional.

O selo Verso, un dos máis prestixiosos de cantos se dedican á música clásica en España, encargarase da súa distribución por todo o mundo. Ademais, as cancións pasarán a formar parte do repertorio dunha das mellores sopranos do noso tempo, habitual de todos os grandes teatros e festivais internacionais, desde Salzburgo ata La Scala de Milán. Nestes días, Cristina Gallardo-Domâs logrou dous importantes triunfos persoais baixo a batuta de Lorin Maazel, o primeiro cantando La Vida Breve de Falla no Palau de Les Arts de Valencia, e o segundo con Turandor nunha xira que a levou ata China.

Nacionalizada española, Cristina Gallardo-Domâs estudou primeiro en Chile e logo en Nova York, antes de converterse na mellor intérprete de Puccini da actualidade. A súa convincente actuación en Madame Butterfly, dirixida polo falecido Anthony Minghella no Covent Garden de Londres, valeulle o premio Laurence Olivier. Traballou e gravou con todas a grandes batutas, de Riccardo Muti a Nikolais Harnoncourt, de Lorin Maazel a Riccardo Chailly, e ten participado en festivais como o de Salzburgo. A isto hai que engadir que Woody Allen fixo o seu debut como director de ópera con ela, en Gianni Schichi. Este ano será a muller de Neruda na estrea mundial de Il Postino.

As cancións que aparecerán no disco son: Lela, Soedades, Os Teus ollos , Un Adiós a Mariquiña, Negra Sombra, Vai lavar la cara, Lonxe da terriña, Rosa de Abril, Maio Longo, Unha noite na eira do trigo, Maria Soliña, Alborada, Campanas de Bastavales e O limite increado do mundo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información