Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

In search of the miraculous sitúa ao CGAC no centro do intercambio contemporáneo

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou xunto ao director do Centro Galego de Arte Contemporáneo, Miguel von Hafe e o comisario da mostra, Pedro de Llano, a exposición In search of the miraculous -Trinta anos despois de Bas Jan Ader, unha ollada sobre a traxectoria vital e artística do holandés Bas Jan Ader.

O CGAC tráenos, 30 anos despois da tráxica desaparición de Bas Jan Ader, a búsqueda dun novo milagre, a primeira mostra monográfica que se lle dedica en España, que para o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, “sitúa a este museo, unha vez mais, no centro do intercambio contemporáneo internacional”. Francisco López asegurou que este é un paso máis no compromiso que asume a Consellería de Cultura e Turismo “para dar a coñecer e sentir o que está a suceder de verdade ao noso redor, visto e filtrado desde os nosos propios ollos e criterios”.

Francisco López explicou que a mostra presentada hoxe “afonda na liña discursiva do CGAC en prol dunha forma de entendemento propia coas sociedades e as personalidades relevantes do mundo contemporáneo”. O director xeral afirmou que este proxecto expositivo “simboliza a nosa vontade de impulsar unha auténtica cultura de convivencia artística desde Galicia, a través das nosas actuacións nos espazos dos que dispoñemos e das iniciativas que promovemos”. “A nosa acción de goberno céntrase precisamente en fomentar a identificación da nosa comunidade coa súa creación, e esta, co seu lugar no mundo”, engadiu.

O director xeral salientou o papel do CGAC, “un referente das vangardas artísticas contemporáneas, que representa o estímulo dun núcleo artístico fundamental, do que nos nutrimos como sociedade con voz propia, que escoita e acepta as grandes mensaxes dos sistemas dominantes, pero desenvolve á par un espírito de seu e unha sensibilidade propia”. O director xeral rescatou unha cita dea Beenker para asegurar que os motivos centrais da obra de Bas Jan Ader son a “caída como fenómeno físico inevitable, e o fracaso, como metáfora da vida”.

A mostra, que permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de setembro, nas salas do soto do CGAC, reúne as obras, documentos sobre a vida e as probas sobre o fatal desenlace de Bas Jan Ader. Non é en si mesma unha retrospectiva convencional e relata a súa historia dun xeito diferente a como se fixo até agora. O proxecto In Search of the Miraculous: trinta anos despois céntrase no derradeiro episodio dunha vida creativa que estivo marcada polo risco e pola aventura.

Asemade, presentouse un programa de actividades en torno á figura do artista holandés: por unha banda, entre o 1 e o 3 de xuño un seminario impartido por Koos Dalstra y Marion van Wijk, dous biógrafos especialistas na figura de Bas Jan Ader e, por outra, a conferencia de entrada libre que se celebrará o mesmo día 3 ás 19 horas. O acto inaugural da exposición In Search of the Miraculous: trinta anos será hoxe ás 20 horas.

Bas Jan Ader

A exposición In Search of the Miraculous: trinta anos despois é a primeira mostra monográfica dedicada ao traballo do artista Bas Jan Ader que se realiza en España. Ader naceu en Holanda en 1942 e desapareceu nalgún punto do Atlántico en 1975, mentres trataba de completar a segunda parte do seu proxecto In Search of the Miraculous, que consistía en cruzar o océano desde os Estados Unidos até Europa, nun bote de catro metros e medio de eslora.

Mediante unha actitude crítica e analítica do seu medio e desde unha poética visión da arte como un incerto camiño de descubrimento, Ader utilizábase a si mesmo como protagonista de cada unha das súas obras e exploraba a intensidade emocional do perigo en moitas das súas experiencias, documentándoas, logo, por medio de fotografías, textos e películas en branco e negro. O risco, a caída e o fracaso eran temas constantes do seu traballo. Ader, desde a coherente unidade mantida entre a súa experiencia vital e a súa acción creativa, tan só pretendeu abrirse paso no seu camiño cara ao coñecemento de moi distintas sensacións sen retroceder ante ningún risco.

O proxecto In Search of the Miraculous: trinta anos despois céntrase no último episodio dunha vida creativa que estivo marcada pola aventura e por un constante e persoal desafío dos límites naturais e culturais. Cunha minúscula lancha deportiva enfrontouse en solitario á insuperable enerxía do océano co obxectivo de experimentar sensacións e percepcións que conducían a territorios descoñecidos, tanto no físico coma no psicolóxico. Lamentablemente, o resultado foi a súa desaparición. Pero o Ocean Wave, o bote no que o artista se dispuxo a realizar a súa obra póstuma, en xullo de 1975, foi atopado meses despois, semiafundido, no Gran Sol, polo barco pesqueiro Eduardo Pondal, con base no porto de A Coruña.

Este acontecemento resulta fundamental para comprender as circunstancias da súa desaparición e constitúe o núcleo da exposición proposta. Nela, a partir dun conxunto de materiais recollidos tras unha investigación que comezou en 2005, documéntase o proceso que conduce cara á máis simbólica de todas as súas obras. Elementos como o expediente da comandancia de mariña en que se narra a historia do achado, fotografías do bote no porto da Coruña, manuscritos, unha curta documental con testemuños directos das persoas que participaron no rescate, cartas náuticas, libros sobre travesías oceánicas e outros materiais inéditos axudan a reconstruír a memoria deste tráxico suceso e o final dunha das máis atractivas achegas á arte conceptual do seu tempo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información