Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival Ortigueira busca ás mellores bandas folk noveis para o certame celta de 2010

O Festival Ortigueira servirá por undécimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, que se celebrará entre o 8 e máis o 11 de xullo, competindo en directo por coarse no cartel do 2011.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben por correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 7 DE XUÑO os seus tres mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de produción propia, terán de incluír un breve dossier informativo e datos de contacto.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co patrocinio do Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará o voto emitido polos internautas que visiten a nova web oficial, do 10 ao 16 xuño. As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira o domingo 11 de xullo e recibirán 1.500 euros.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras os concertos, cal é a formación gañadora, que volverá a tocar no Escenario Estrella Galicia no 2011 e obterá 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diurna do evento, resérvase este ano para a última tarde do Festival, no Escenario Estrella Galicia. O “Runas” serviu na súa primeira década de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou Qui hi ha?, que estará este ano en Ortigueira como gañadora da pasada edición.

Gabinete de Comunicación do Festival Ortigueira

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información