Oliver Laxe gaña en Cannes o Premio Fipresci da Quincena de Realizadores

Feijóo felicitou a Oliver Laxe polo seu traballo e agradeceulle que contribúa a situar o nome de Galicia no ámbito audiovisual. Neste sentido, o titular da Xunta lembrou tamén o éxito doutras producións como Celda 211.
A película de Oliver Laxe contou co apoio da Xunta de Galicia, por unha parte, na súa produción a través da Axencia Galega de Industriais Culturais, e por outra, na súa presenza en Cannes, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia