Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Dúas Beiras representa a historia colectiva da emigración galega en Arxentina

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López presentou no Salón Teatro o espectáculo musical de tango e Folk, Dúas Beiras, no mes das Letras Galegas e encadrado tamén no Ano do Libro e da Lectura. Segundo o director xeral, Dúas Beiras “pretende achegar os nosos escritores e a nosa cultura a través doutros medios populares da nosa tradición musical e folclórica co obxectivo de sembrar a obra e a memoria dalgúns dos persoeiros máis destacados da historia da nosa emigración”.

Francisco López lembrou o carácter gratuito do espectáculo que o xoves 20 de maio ás 20,30 horas pretende chegar “a todos os públicos e a todos os que o desexen ata completar o aforo do Salón Teatro”. Para o director xeral de Cultura, en Dúas Beiras conflúen “a música, a danza e o audiovisual” configurando “un musical atractivo no que se recrea unha época da nosa historia, a época da emigración aos distintos países de América”.

Dúas beiras é un musical que lembra o histórico encontro de dúas culturas, a galega e a arxentina, como froito da epopea colectiva que significou a emigración. Por medio da música e a danza réndese homenaxe a diversas figuras que tiveron un papel preponderante nos eidos artístico e cultural de ambos os dous países, unidas este ano por distintas efemérides e aniversarios: Castelao, que morreu en Bos Aires hai agora 60 anos; Rosalía de Castro, de quen se cumpren cento vintecinco anos da súa morte; Luís Seoane, no centenario do seu nacemento tamén en Bos Aires; Uxío Novoneyra, poeta elixido este ano para o Día das Letras Galegas, e asemade, figuras da outra beira como Carlos Gardel, Piazzolla ou Alfonsina Storni.

A autora

No acto de presentación tamén estivo presente a autora e protagonista principal do musical, Lorena Lores, á que definiu como unha muller “que encarna na vida e no escenario o encontro de dúas culturas, de dous países, de dous continentes, que encarna os camiños da nosa emigración”.

Lorena Lores destacou o espectáculo Dúas Beiras como “unha oportunidade importante para entender esa historia, que tamén é a historia dos meus avós e os meus pais”, un gran espectáculo no que participan 25 artistas en escena caracterizados con máis de 70 traxes. Segundo a artista, a través deste espectáculo preténdese dar a mensaxe de que “cando as culturas se xuntan desde o respecto e a solidariedade sempre se enriquecen”.

A cantautora Lorena Lores, protagonista do espectáculo musical, é filla de galegos orixinarios de O Grove (Pontevedra) e creceu dentro da colectividade galega de Bos Aires, aprendendo a amar a cultura da súa cidade natal e a dos seus proxenitores. Co espectáculo Dúas Beiras, Lorena Lores rememora aquela época tan importante da historia galega e reflexiona acerca do enriquecemento que supón para a humanidade, o encontro de distintas culturas, cando se fai dende o respecto e a solidariedade.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información