Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mostra 33 escritores vistos por Luis Seoane, conmemorativa do seu centenario, chega a Bos Aires

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura inaugurou a exposición 33 escritores vistos por Luís Seoane dentro dos actos galegos da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. A mostra, organizada pola Xunta de Galicia, subsecretaría de Cultura do Ministerio de Cultura porteño e a Fundación Luís Seoane, supón para o Goberno Autonómico unha contribución ao recordo, ao estudo e ao recoñecemento da obra e o pensamento do gran artista e intelectual galego-arxentino que foi Luís Seoane, en conmemoración do cen aniversario do seu nacemento. A exposición do artista galego poderá visitarse ata o 16 de maio de martes a domingo con entrada gratuíta.

Para a Xunta de Galicia, esta mostra é unha pequena testemuña decisiva para achegarse ao universo intelectual e vital dun pintor de mirada cosmopolita como foi Luís Seoane. A exposición xoga coas inquedanzas literarias e artísticas que fan de Luís Seoane un dos galegos que máis se preocupou no seu século pola posta en valor do gran elenco das letras e artes universais, segundo un criterio propio construído en base a unha vida entregada ao intercambio cultural na que merece destacarse a relevancia das súas conexións con Arxentina e o ámbito iberoamericano.

Na obra de Seoane expóñense retratos de Kafka, Chesterton, Stevenson, Borges, Salinas, autores que pasaron polo trazo á vez libre e preciso deste artista que non só conviviu coa plástica, senón con todas as formas da palabra verbo da súas múltiples facetas como lector, escritor, crítico ou divulgador.

A exposición 33 escritores vistos por Luís Seoane, completa dúas xornadas de recoñecemento á vida e obra do escritor galego no centenario do seu nacemento, complementando a conferencia “Seoane entre dou mares”, que Ramón Villares expuxo onte na Feira Internacional do Libro de Bos Aires.

Rosalía de Castro

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, inaugurou asemade na Feira Internacional do Libro de Bos Aires a Sección Galega Rosalía de Castro da Biblioteca Julio Cortázar, na conmemoración do cento vintecinco aniversario do pasamento da escritora de Padrón.

Á inauguración tamén asistiron o delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, o ministro de Cultura do Goberno da Cidade de Bos Aires, Hernán Lombardi, e a directora do Libro do Goberno da Cidade de Bos Aires, Alejandra Ramírez.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información