Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Arcebispado de Santiago impulsará o uso do galego neste Ano Santo 2010

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, trasladoulle ao arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Xulián Barrio, a importancia de promover a utilización da lingua galega na actividade eclesial aproveitando a celebración do Ano Santo. Durante a reunión que ambos mantiveron, o secretario xeral incidiu, concretamente, na importancia de fomentar o uso do galego en celebracións relixiosas tan destacables como a misa do peregrino, “un dos actos de maior asistencia de fieis, especialmente durante o Xacobeo”. Ademais, Anxo Lorenzo ofreceulle ao arcebispo o asesoramento lingüístico necesario para facilitarlle a utilización da lingua propia de Galicia noutras iniciativas, como a web do arcebispado.

Ademais de favorecer que os fieis galegofalantes se sintan aínda máis acollidos no templo do Apóstolo, Anxo Lorenzo salientou a presenza do galego nas celebracións relixiosas do arcebispado como un xeito de compartir cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade, a lingua galega.

Posta en valor da realidade lingüística de Galicia a través da visita do Papa
Respecto da próxima visita do Papa a Santiago de Compostela, o responsable de Política Lingüística destacou este acontecemento como unha oportunidade para poñer en valor a riqueza lingüística de Galicia. Neste sentido, tamén salientou a importancia de que o galego estea presente nas intervencións do Santo Padre como unha maneira de que os crentes galegos se sintan aínda máis próximos e identificados con el.

Co obxectivo de acadar novos espazos de uso para a lingua galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén colaborando con diversas entidades. Grazas a este marco de cooperación, o Arcebispado de Santiago de Compostela elaborou e difundiu en 2009 diverso material divulgativo de tema bíblico en galego, ademais dos materiais pedagóxicos Xesús é o Señor, Alianza de Deus con nós, Deus dános unha nova vida ou O reino de Deus, entre outros.

As dioceses de Mondoñedo-Ferrol e mais de Tui-Vigo son outras das entidades coas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a impulsar un labor conxunto de fomento do uso do galego.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información