Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A praia dos afogados, Premio Losada Diéguez de Creación Literaria

Tivo lugar o fallo do premio Losada Diéguez, que no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. O premio no eido de Investigación e Ensaio foi concedido a Pablo Carpintero Arias pola súa obra "Os instrumentos musicais na tradición galega".

O xurado estivo composto por un representante de cada unha destas institucións culturais: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación Provincial de Ourense, alcalde do Concello de Carballiño, Cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago e as Universidades de Vigo e da Coruña.

Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar "a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector, así como a solidez das personaxes, en particular do inspector Leo Caldas". Salientaron tamén "a grande capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego".

Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. A praia dos afogados recibiu o premio Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, e o recoñecemento como Autor do Ano a Domingo Villar por esta novela, concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias. A novela foi finalista na categoría Libro do Ano nos premios do Gremio de Libreros de Madrid.

Os gañadores recibirán cada un 6.000 euros e un diploma, nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes, o sábado 12 de xuño.
Editorial Galaxia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información