Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Humor, misterio e melancolía combinan na montaxe Hotel Paradiso

Familie Flöz, compañía alemá pioneira no uso de máscaras no teatro contemporáneo, recala o venres 23 e o sábado 24 de abril ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela para presentar a súa peza de teatro xestual Hotel Paradiso. Neste espectáculo sen texto mestúranse moi diversas disciplinas escénicas que dan como resultado un xénero propio e difícil de clasificar, co que esta formación con sede en Berlín recibiu o recoñecemento internacional.

Nesta ocasión, bota man da comedia negra para desenvolver a súa montaxe de tinturas máis escuras, que combina humor, misterio, sentimentos tormentosos e melancolía para desenvolver unha historia que dá comezo cando nun pequeno e tradicional hotel alpino aparece o corpo sen vida dun dos hóspedes. A raíz do macabro descubrimento, ponse de manifesto que a tranquilidade deste retiro era solo aparente: os fillos da directora conspiran e pelexan encarnizadamente por facerse co negocio, a moza encargada do servizo acostuma roubar aos clientes, e o cociñeiro filetea algo máis que o porco. Así, persoal e hóspedes vense envoltos nun remuíño de malentendidos, enredos e furiosos acontecementos para intentar tapar os feitos e conservar a imaxe idílica do establecemento.

Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher e Frederik Rohn son os catro actores que interpretan unha infinidade de personaxes e asinan, así mesmo, a dramaturxia xunto a Michael Vogel, director e responsable do espazo escénico, e a Hajo Schüler, tamén autor das caretas.

Unha familia de 30 membros

A Familie Flöz é un grupo internacional composto por unha trintena de actores, músicos, bailaríns, directores, deseñadores de máscaras e de vestiario, iluminadores, dramaturgos e outros profesionais que, aínda que naceu e ten a súa sede en Alemaña, na actualidade está integrada por membros de ata dez nacionalidades diferentes. A especialidade da compañía son as máscaras que, a través das súas desproporcionadas narices, bocas de punta, fazulas colgantes e peiteados de artista, conforman unha serie de personaxes difíciles de esquecer, que cobran vida dun modo único, grazas á rica expresión corporal dos actores que as levan. Así, os Flöz non propoñen unha sucesión de gags, senón unha obra completa e complexa onde a pesar da aparente incompatibilidade entre máscara e xesto, é capaz de ofrecer todo tipo de rexistros grazas a mestría dos actores.

Nos seus máis de trece anos de existencia, durante os que a compañía foi galardoada con numerosos premios internacionais, levou a escena diferentes pezas mudas, libres de texto, coas que desenvolveu un xénero completamente particular. Tras Ristorante Immortale (1998), Teatro Delusio (2004) e Infinita (2007), a formación segue indagando na procura dunha linguaxe teatral internacional.

As entradas para as funcións do venres 23 e do sábado 24 xa están dispoñibles na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro dende dúas horas antes do comezo das actuacións. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información