O audiovisual, a debate en O mundo na encrucillada: desafíos no século XXI
A segunda xornada do ciclo de conferencias O mundo na encrucillada: os desafíos do século XXI, organizadas polos Comités, continuou na Facultade de Ciencias da Comunicación arredor do coñecemento libre e o audiovisual galego. A xornada de hoxe abriuse coa conferencia sobre Propiedade intelectual e coñecemento libre, na que interviñeron Pedro Silva, creador de Blogaliza; Francisco Alvarellos, da Casa da Música, e Miguel Mosqueira, do grupo de música Ataque Escampe.
Pedro Silva criticou a propiedade intelectual por tratarase dun “sistema que xera monopolios” aínda que sinalou que se están a rachar pois “gañouse a guerra do software libre”. Creador do proxecto Blogaliza., principal servizo de hosting gratuíto de blogs escritos en galego inserido no ámbito do coñecemento libre, destacou que o software libre tamén “abre camiños de oportunidades para as economías locais”.
Francisco Alvarellos, sinalou que desde A Casa da Música de Compostela, proxecto con apenas uns meses de vida, se axuda a licenciar obras de creación artística a través de licencias libres, escapando do “legalismo existente ó redor da creación cultural”. Alvarellos defendeu que na creación “o natural é que unha obra sexa de libre distribución, a través dos poucos espazos que deixa a propiedade intelectual”.Así mesmo, considera que a aposta por un coñecemento libre é tamén unha loita contra o establecido aínda que “máis que un enfrontamento é unha reivindicación do básico”. Alvarellos tamén defendeu a creación dunha rede “realmente aberta” en referencia a que “todo acceso a Internet está controlado por empresas”.
Miguel Mosqueira, integrante do grupo galego Ataque Escampe, destacou o papel do software libre como plataforma de despegue de grupos musicais. Para Mosqueira, a libre distribución da súa música xorde dun motivo ético e outro pragmático, pois afirma que están “en contra dos monopolios e da propiedade privada” e porque dese xeito poden dar a coñecer a súa música. Por outra banda, Mosqueira criticou a “discriminación absoluta dos grupos musicais en galego por parte dos medios de comunicación xeralistas de Galicia” e a “sutil censura” de medios como “La Voz ou El Correo Gallego” a “discursos antiespañolistas que non lles gustan”.
A segunda conferencia centrouse no audiovisual galego. Baixo o título A Axencia Audiovisual Galega: cando Galiza estivo á vangarda da creación audiovisual, interviñeron Manolo González, antigo director da Axencia Audiovisual Galega. Respecto a creación da Axencia Audiovisual Galega, Manolo González destacou que un dos principios básicos dos que partiron foi “garantir o principio de igualdade de oportunidades” e “apostar polo talento e a innovación tecnolóxica”. Neste sentido, afirmou que “temos que apostar polo que nos diferenza” e darlle apoio a tódolos proxectos audiovisuais que nacen no país. Afirmou “debemos loitar pola mellora dos produtos galegos, como se ve que estamos orgullosos de Celda 211”.
No referente á desaparición da Axencia, Manolo González afirmou que falta perspectiva histórica para saber se a axencia “serviu para algo” debido a súa escasa existencia. Pero que en todo caso, o traballo que se fixo na Axencia foi moi positivo. Nun breve repaso, Manolo González, falou de que só en catro anos se fixeran máis de vinte longametraxes entre ficción e documentais en galego, ademais, destacou que nesta volta as mulleres asumen o papel na dirección de filmes e curtas. No coloquio posterior, no que destacou a intervención dos alumnos e alumnas da Licenciatura de Audiovisual, reflexionouse sobre cal sería a posibilidade de establecer unha licenciatura especifica en cinema, e cales serían as vantaxes e os seus inconvenientes. O que si se deixou claro foi que o gusto polo audiovisual “ten un continxente vocacional” e que hoxe en día hai demasiada oferta de estudos de audiovisual e moi pouca demanda.
As xornadas continuarán ás 16:30 co relatorio de Martxelo Otamendi, ex-director de Egunkaria, na conferencia Linguas minoritarias na era da globalización. Creación, desenvolvemento e futuro do caso Egunkaria. Ás 18:00 será a quenda de Xurxo Salgado, do Sindicato de Xornalistas de Galicia, e de Xosé Manuel Pereiro, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Santiago Alvite, membro da CIG. As xornadas na Facultade de Comunicación rematarán coa conferencia do xornalista Miguel Anxo Murado.

Comités Ciencias da Comunicación USC