Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentación das actas do congreso sobre Curros Enríquez e o seu tempo

O acto foi aberto polo alcalde de Celanova, Antonio Mouriño Villar, quen agradeceu o compromiso que o Consello da Cultura Galega ten amosado con Celanova e coa figura de Curros Enríquez, lembrando ó desaparecido Carlos Casares, presidente do Consello no momento de celebración do Congreso e agradecéndolle ó actual presidente do Consello, Alfonso Zulueta, o mantemento dese compromiso polo feito de elixir Celanova para dar a coñecer publicamente as actas dese Congreso.
Antonio Mouriño aproveitou o acto para lembrar o 25 aniversario do outro gran referente literario de Celanova, Celso Emilio Ferreiro, mostrándose seguro de que o Consello da Cultura ía manter unha implicación semellante no nivel de participación no Congreso que a Fundación Curros Enríquez pretende organizar para o próximo ano baixo a responsabilidade do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luis Méndez Ferrín. Posteriormente o profesor Xesús Alonso Montero, presidente do comité executivo e do comité do científico do Congreso, calificou as actas coma un completo documento de densa erudición que ven a darlle forma a unha das máis profundas revisións que polo de agora se lle ten feito a un escritor galego.
Tamén o profesor Alonso Montero tivo palabras de recordo para Carlos Casares, un especialista de Curros moito antes de que se celebrase o Congreso –dixo-, e destacou outras publicacións que sairon á rúa incluso antes da celebración do Congreso, así como coincindo coa súa celebración, coma a edición da Virxe do Cristal e unha antoloxía colectiva de 12 poemas de curros, do que se editaron 120 mil exemplares, que sen dúbida, fan de Curros Enríquez probablemente o poeta máis lido en Galicia nos últimos tempos. Facendo referencia xa ó contido das actas, Alonso Montero salientou as conferencias plenarias, así como algúns outros traballos que axudaron a aportar importantes novidades sobre Curros Enríquez, como foron os seus contactos coa relixión Protestante, a súa etapa masónica, ou o seu proceso xudicial, que aínda que era coñecido, non fora revisado dende a perspectiva dun especialista xurídico como Bentio Montero, sen esquecer traballos procedentes de fóra de España, coma o da escritora de San Petesburgo, Alexandra Koss, que fala abondo da presencia da literatura de Curros en Rusia.
Finalmente, o profesor Alonso Montero, fixo público un desexo ó abeiro do proxecto de
organización do Congreso de Celso Emilio para o mes de setembro do próximo ano, isto é que o mes de setembro sexa en Celanova unha cita obrigada para o escritor e os problemas da sociedade, coma o festival de Venecia o é para cine, rematando a súa intervención coa lectura do poema de Celso Emilio Ferreiro, Elexía a Curros neno.
O secretario do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, pola súa banda, afirmou que o Congreso demostrou que o Curros escritor aínda ten cousas que dicir 150 anos despois de nacer,
agradecendo a aportación doutras institucións á organización do Congreso, como a Deputación provincial, gracias a quen foi posible editar a antoloxía poética de Curros, así como o poemario da Virxe do Cristal. Henrique Monteagudo dixo que o Consello da Cultura tan só tiña organizado, polo de agora, tres grandes congresos destas características, o primeiro deles no ano 1986 sobre Rosalía, o segundo no ano 1995 sobre Martín Sarmiento e o terceiro sobre Curros Enríquez no ano 2001. O acto foi pechado polo presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, que recolleu a oferta do alcalde de Celanova, de colaboración no Congreso sobre Celso Emilio, asegurando que o Consello da Cultura seguirá colaborando coa Fundación Curros Enríquez e Celanova. Rematada a presentación das actas, o comité executivo do Consello da Cultura Galega, do que forman parte, ademais de Alfonso Zulueta e de Henrique Monteagudo, os vicepresidentes, Ramón Castromil e Francisco Díaz-Fierros, así como o xerente do Consello, Antonio Montero, mantuveron unha reunión na sala de xuntas do Concello de Celanova.
Concello de Celanova + Consello da Cultura Galega

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información