Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A USC publica en facsímile o manuscrito orixinal d’Os Eidos de Novoneyra

O exemplar, que leva por título Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010, presentouse aos medios de comunicación na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na presentación interviñeron a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo; a filla do poeta, Branca Novo Rey; o coordinador do volume, o profesor Anxo Tarrío; o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre e o director do mesmo servizo, Juan Blanco Valdés.

Cualificado na presentación como unha “xoia bibliográfica”, en Uxío Novoneyra. Día das Letras Galegas 2010, o poeta converte cada composición “nun auténtico e fermoso caligrama” que os editores da USC trataron “coa maior delicadeza para conseguir unha representación fiel nos máis mínimos detalles do orixinal, un humilde bloc dos que correntemente se mercan nas tendas de papelarías”.

Tal e como se recolle na introdución da obra, o manuscrito contén a base e fundamento primordial do que había ser todo un ciclo poético que o propio poeta comezaría a pechar coa edición de Os eidos. Libro do Courel, onde reúne os poemas d’Os eidos (1955) e d’Os eidos-2 (1974).

Branca Novo explicou que Os eidos representa unha “experiencia intensísima sobre a terra”, tratando o agoiro da desaparición do espazo rural. Neste contexto e neste exercicio de “recuperación do que somos”, Uxío Novoneyra explorou “a lingua como única forma de supervivencia”, engadiu a súa filla.

O libro complétase cun conxunto de estudos de diversos profesores do Departamento de Filoloxía Galega, entre os que se atopan Jesús Alonso Montero, José L. Forneiro, Blanca Roig, e Mª Xesús Nogueira e Carme Silva. Os traballos recollidos “axudan a comprender mellor o labor literario e cultural de Uxío Novoneyra”. Tal e como sinala o coordinador do volume, o profesor Anxo Tarrío, a obra presentada é “o xusto recoñecemento para o poeta que mellor soubo refrear a fervenza das palabras que estas saísen xustas e precisas”.

O mesmo Tarrío define a obra de Novoneyra como un “iceberg poético” que, “deixándonos escoitar tan só unhas poucas palabras, agocha en profundidade un universo do que cada lector terá que tirar o seu propio paraíso ou inferno, sempre por terras liberadas”.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información