Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O CGAC acolle a segunda parte do curso Deseño para artesáns desde a creatividade

A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza para os días 9 e 10 de abril a segunda parte do curso “Deseño para artesáns: Ferramenta creativa, Ferramenta produtiva”. A actividade lectiva impartirase no CGAC, como continuación das xornadas desenvolvidas no MARCO de Vigo os pasados 12 e 13 de marzo, onde artesáns en activo participaron nun obradoiro de deseño de produto.

Os seminarios teñen unha duración total de 31 horas e á súa fronte estará Pere Durán, profesor de deseño gráfico, packaging y deseño interdisciplinar da Escuela Massana de Barcelona. Os asistentes recibirán formación sobre a socioloxía do uso e do mercado, a identidade e a imaxe gráfica de marca e a embalaxe e/ou packaging como estratexia de posicionamento no punto de venda.

O obxectivo da Consellería de Economía e Industria con estas xornadas, organizadas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, é o de ofrecerlle a profesionais da artesanía aquelas ferramentas básicas de deseño.

Completando a actividade lectiva haberá unha conferencia aberta ao público. O venres día 9 de abril ás 19:00 horas no Auditorio do CGAC, o deseñador e editor Óscar Guayabero (www.guayabero.net) impartirá o relatorio titulado “Novos usos, novos públicos, novos obxectos”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información