Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Destínanse 90.000 euros para a realización de festivais culturais en Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Socorro García, asinaron o convenio de colaboración para a realización de catro festivais culturais durante o 2010 en Compostela. En virtude deste acordo, a Consellería de Cultura e Turismo comprométese a entregar 90.000 euros ao Concello de Santiago para a organización do Festival Compostela Máxica, o Festival Entredanzas, o Ciclo Sons da Diversidade e o Festival Cineuropa. A Consellería de Cultura e Turismo, a través deste convenio de colaboración, pretende apoiar a realización de ciclos culturais únicos, así como promocionar e divulgar a obra de artistas galegos e ampliar a oferta cultural compostelá.

O Festival Compostela Máxica reúne aos mellores magos de Galicia, xunto con destacados representantes do panorama español e internacional, para converter a Compostela na capital mundial da maxia. Este evento vai dirixido a todos os públicos, desenvolverse en rúas e prazas da cidade, como fórmula de contacto directo coa poboación, e como medio de espallar a maxia no público de todas as clases sociais. Deste xeito, Compostela Máxica constitúe un acontecemento a nivel internacional único en Galicia, que ofrece unha vía irrenunciable para a promoción dos artistas formados na nosa comunidade.

O Festival Entredanzas constitúe un dos atractivos da cidade de Santiago, en canto a oferta cultural aberta, levada aos espazos que ocupan adoito os visitantes, dado que se celebra en rúas e prazas, ao aire libre. Significa un complemento moi interesante, que lle dá nova vida á oferta tradicional, e que tamén contribúe a difundir a imaxe dunha cidade impregnada de manifestacións culturais en todos os ámbitos e axeitadas para todos os gustos e intereses.

O Ciclo Sons da Diversidade é un programa de difusión de músicas de raíz que dende 2004 nas primaveras e outonos trouxo a Compostela a máis de 30 artistas de todo o mundo. Este festival, que se realiza no Auditorio de Galicia, é un ciclo aberto, plural e singular cunha programación variada na que conflúen culturas, xeografía xénero e estilos de todo tipo. Sons da Diversidade é un diálogo de tendencia na globalidade, unha fiestra aberta á creatividade e a distintas propostas co denominador común da calidade, que nos convida a viaxar a través dos sons de distintas identidades culturais e lingüísticas.

O festival Cineuropa representa unha das citas máis singulares e interesantes do panorama cinematográfico actual. Conta cunha selección extraordinaria de obras, realizada con criterios abertos que fornecen unha vía de expresión para unha cinematografía con personalidade e carácter, que busca a auténtica expresión, antes que o éxito comercial ou a aceptación por parte das grandes distribuidoras que controlan o mercado. Nos meses de outubro e novembro dende 1987 Cineuropa converteuse nun festival con alcance internacional, que mantén autores con pegada propia, no que é inviable a concordancia competitiva, tanto pola solvencia da organización, coma polos propios obxectivos de calidade perseguidos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información