Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic apoia con 200.000 euros a produción de curtametraxes e videoclips

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de convocar as subvencións anuais á produción de curtametraxes e de videoclips por un importe total de 200.000 euros no marco da súa liña de axudas ao audiovisual galego, que por segundo ano consecutivo xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Esta é a primeira do total de seis convocatorias que conformarán en 2010 o programa de apoio económico ao sector cun orzamento global que ascende a 7,1 millóns de euros.

Os beneficiarios das subvencións á produción de curtametraxes poderán ser produtoras audiovisuais independentes, con sucursal ou oficina permanente en Galicia, que presenten proxectos de filmes –de ficción ou documentais– cunha duración inferior a 30 minutos e en versión orixinal galega. Neste apartado, as bases publicadas o 31 de marzo no DOG (Diario Oficial de Galicia) establecen diferentes modalidades canto ao soporte, técnica e código narrativo dos traballos: curtas gravadas en soporte cinematográfico (imaxe real), de animación tamén en soporte cinematográfico e proxectos innovadores ou experimentais en soporte dixital.

Canto aos videoclips, apoiarase a realización de relatos audiovisuais que acompañen ou promovan unha produción discográfica de música galega, realizados a partir da colaboración entre empresas audiovisuais e discográficas. Tanto no caso das curtametraxes como no dos videoclips, o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril.

Novos creadores

O obxectivo destas subvencións, das que o ano pasado se beneficiaron un total de 13 produtoras para a realización de 14 proxectos, é apoiar a novos creadores galegos, impulsar a incorporación das novas tecnoloxías e promover o uso do idioma galego nas obras audiovisuais.

O programa de axudas ao sector audiovisual 2010 completarase proximamente coas sucesivas convocatorias dirixidas á produción ou coprodución de longametraxes en lingua galega e con decidido contido artístico, á creación audiovisual para a escrita individual de guións e a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital, ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, ao desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega e á amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información