Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Xunta, na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Difusión e Promoción da Cultura leva á Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia 2010 (Italia) un stand propio no que se mostrarán as novidades editoriais galegas e darase a coñecer a obra dos autores galegos nunha das principais citas anuais do mundo editorial.

Esta feira vai ter lugar na cidade italiana de Bolonia do 23 ao 26 de marzo e contará coa presenza do director xeral de Difusión e Promoción da Cultura, Francisco López. O 23 de marzo, día do comezo da feira, Francisco López participará na rolda de presa de presentación do Congreso do IBBY, que se celebrará o vindeiro mes de setembro en Santiago de Compostela. O 24 de marzo, o director xeral presentará no stand o catálogo do libro infantil e xuvenil coordinado por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e editado pola Consellería de Cultura e Turismo.

Nesta ocasión, serán 17 as editoriais galegas as que expoñan os seus produtos no Stand de Galicia: Kalandraka (inclúe Factoría K), Everest Galicia, Rodeira,Baía, OQO, A Nosa Terra, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Nova Galicia, El Patito Editorial, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Obradoiro – Santillana, Galaxia,Primera Persona, Toxosoutos e Xerme.

Os escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey tamén estarán no stand de Galicia en Bolonia para participar en diversas presentacións con axentes e editores de diversos gremios e asociacións europeas. Asemade, asistirán os ilustradores David Pintor, seleccionado pola organización da feira para a mostra de ilustradores e Manel Craneo proposto pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

Entre os actos previstos o día 24 haberá neste stand unha xuntanza de editores galegos con outros europeos (Hungría, Polonia e Eslovenia) para o intercambio de dereitos. En canto aos dous escritores participarán en diversas presentacións con axentes e editores de diversos gremios europeos e asociacións.

Presenza internacional

A literatura infantil galega está a pasar un dos seus mellores momentos. Escritores con premios, traducións de recoñecemento social, ilustradores que están sendo chamados de todas partes, selos editoriais que están sendo referencia internacional e multitudes de iniciativas que nos poñen no ollo de mira non só no noso territorio senón máis alá das nosas fronteiras.

En Galicia está a emerxer unha literatura e unha industria editorial vigorosa e sólida, con nomes que destacan pero tamén como unha proposta plural e diversa na que podemos atopar todos os xéneros e rexistros. Este tempo de esplendor da literatura infantil e xuvenil correspóndese coa concesión de premios e recoñecementos de prestixio como é a incorporación de títulos galegos a lista de honra do IBBY, á Biblioteca Internacional e Xuventude de Munic ou o Banco do Libro de Venezuela.

Nomes dos nosos escritores e ilustradores atópanse xa nos listados de máis prestixio e axudan a promover unha literatura que se mostra ao mundo en pleno auxe. Nesta liña, Santiago de Compostela acollerá do 8 o 12 de setembro o Congreso Internacional do IBBY, que terá como tema central A forza das minorías.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Difusión e Promoción da Cultura, colabora coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) para a edición do catálogo Libros infantís e xuvenís de Galicia 2010, que pretende achegar a literatura escrita galega para os máis novos aos nenos e nenas de todo o mundo. Dende o Stand de Galicia repartirase este catálogo e o material promocional do Ano do Libro e da Lectura.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información