Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic convoca unha nova edición dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde de teatro

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo acaba de facer pública a convocatoria 2010 dos seus tres premios literarios no eido dramático –XIX Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, V Manuel María de Literatura Dramática Infantil e VIII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto)–, para os que mantén aberto o prazo de admisión de orixinais até o 11 de xuño. Cada un dos galardóns e modalidades conta cunha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións dramáticas que a AGADIC coedita con distintas empresas galegas.

Poderán optar a estes premios, que comparten como obxectivo o estímulo da creación literaria no eido dramático, textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames. Tal e como establecen as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Álvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.

Ditame do xurado

O xurado, integrado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico (dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais) dará a coñecer o seu ditame antes do 1 de novembro. Para tomar a súa decisión, valorará aspectos que teñen que ver coa calidade literaria e dramática, a viabilidade escénica, a especificidade de cada premio e o coidado da lingua.

Manuel Lourenzo foi o gañador da anterior edición do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais –o de máis longa traxectoria de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego– pola obra Flores de Dunsinane. Ademais en 2009 Xosé A. Neira Cruz obtivo o Manuel María por Sopa de xarope de amora, mentres que o Barriga Verde foi para Ignacio Vilariño por Auga que non vas beber modalidade de teatro para adultos) e para Begoña García por Bon appétit (na categoría de teatro para rapaces).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información