Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Unha mostra de pintoras lucenses abre o programa de actos da Xunta en Lugo con motivo do Día da muller traballadora

O Edificio Administrativo da Xunta acolle a exposición Mulleres, artistas, pintoras, luguesas, que abre o programa de actos organizado con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

A mostra está integrada por 47 cadros de 24 pintoras nacidas ou residentes na provincia de Lugo. Na inauguración, na que estiveron presentes a meirande parte das participantes, a delegada territorial, Raquel Arias, destacou a “inmensa xenerosidade” coa que as pintoras responderon á convocatoria da Xunta.

“Congratulámonos pola magnífica resposta, polo excelente panorama de creación artística da muller, e lamentamos as barreiras físicas que obrigaron a pechar a admisión de participantes, porque esta sala non podía acoller nin un cadro máis”, sinalou Arias. Esta exposición permanecerá aberta ata o 12 de marzo, e poderá ser visitada en horario de mañá e de tarde, ata as 19.30 horas.

No marco da inauguración da mostra, a delegada territorial presentou o programa de actos que nas vindeiras semanas terán lugar na provincia con motivo do Día da Muller. Así, o próximo luns a Secretaría Xeral de Igualdade trae a Lugo a obra Buscando a Hillary, protagonizada por Blanca Marsillach.

A representación terá lugar na Aula de Cultura da Fundación Caixa Galicia en Lugo. Dará comezo ás 19.30 horas e a entrada é libre, ata esgotar o aforo. Acompañan a Blanca Marsillach na posta en escena os actores Fran Sariego y Miguel Foronda. O texto, escrito por Elise Varela, preséntase como “unha comedia retorcida e cínica” sobre os conflitos e os retos que afronta unha avogada de éxito que está non seus corenta anos. Tras visitar outras cinco cidades e vilas, a obra recalará en Vilalba para finalizar a xira galega. Será o luns día 15, ás 18.30 horas no Auditorio Carmen Estévez.

Nas vindeiras semanas percorrerá tamén a nosa xeografía outra exposición sobre as mulleres: Elas ensinan, centrada na vida das mestras galegas de principios do século XX, que foron abrindo camiño ás mulleres, educando e servindo de exemplo ás novas xeracións. A falta de pechar o calendario desta exposición, as datas e lugares nos que se poderá ver na provincia de Lugo serán concretadas nos próximos días.

Por último, o día 2 de maio inaugurarase en Burela a exposición Elas sempre están. Raquel Arias explicou que esta mostra “é unha homenaxe ás mulleres do campo, que representan claramente a omnipresencia do traballo feminino: Na casa, nas leiras, co tractor ou cos fillos", concluíu.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información