Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Dolora Zajick abre o ciclo Grandes Voces do Xacobeo Classics en Vigo

O ciclo Xacobeo Classics continúa desengrenando a súa excepcional selección de música clásica para este ano 2010. Desta volta, Vigo acolle un dos eventos máis agardados dentro da completa e ambiciosa programación de Xacobeo Classics, a actuación da que é considerada como a mellor mezzosoprano das últimas décadas, Dolora Zajick. A interpretación da mezzo norteamericana suporá a apertura do ciclo Grandes Voces.

Na súa actuación no Centro Cultural de Caixanova, a estrela do Metropolitan de Nova York, Dolora Zajick, compartirá escenario co tenor dominicano Francisco Casanova, cualificado por algúns como o cuarto tenor lírico da música clásica e o mellor tenor verdiano da súa xeración. A mestura de dúas das grandes voces do panorama actual da música clásica representa un atractivo sen precedentes do que será unha actuación única.

Dolora Zajick é un dos máximos expoñentes no rexistro mezzo que destaca pola súa especialidade en personaxes de Verdi. Debutou como Azucena de Il trovatore de Verdi na San Francisco Opera, e máis tarde co mesmo papel no Metropolitan Opera onde leva cantadas 180 representacións en vinte temporadas. Outros roles asociados con ela son Amneris, Eboli, Ulrica, Lady Macbeth, Adriana Lecouvreur, la Favorita, Marfa en Khovanshchina, Jezibaba en Rusalka, Santuzza en Cavalleria Rusticana, Adalgisa en Norma e Juana de Arco en La doncella de Orléans de Chaicovski.

Actuou baixo a batuta de grandes directores como James Conlon, Daniele Gatti, Valery Gergiev, James Levine, Lorin Maazel, Zubin Mehta, Riccardo Muti, Michael Tilson Thomas, en recitais que viaxaron polos teatros máis emblemáticos da música clásica: Lyric Opera de Chicago, Opera de San Francisco, Houston ,Toulouse, Verona, Madrid ou o Liceo barcelonés.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información