Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Raquel Arias participa na entrega de premios do Certame Provincial de Poesía sobre o Nadal

A Biblioteca Provincial de Lugo acolleu o acto de entrega de premios do XVI Certame provincial de poesía sobre o Nadal así como a presentación da publicación que recolle os traballos premiados na edición do pasado ano.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, valorou o traballo creador de todos os participantes, e especialmente dos gañadores, así como o impulso que cada ano imprime a Biblioteca Provincial de Lugo a este certame “e o feito de que 22 bibliotecas públicas municipais sintonizasen coa convocatoria e fixesen cadansúa chamada local para rapaces e rapazas das súas circunscricións”.

Os rapaces e rapazas recolleron os seus premios –consistentes nunha figura de Sargadelos, diploma e un lote de libros- de mans da delegada territorial e dos membros do xurado: O xefe territorial de Cultura, Xosé Carlos Rodríguez Andina; Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e a directora da Biblioteca Provincial, Marisol González Regal.

Tamén tiveron a súa cota de protagonismo os gañadores da pasada edición, cuxos poemas conforman o último libro da serie Os nenos e o Nadal. “Este libriño que hoxe ve a luz, con dezaoito traballos, e o futuro libro do próximo Nadal, con 16, son auténticas pezas mestras que deberán figurar en todas as antoloxías que o día de mañá rexistren a vosa evolución como escritoras e escritores de prestixio”, sinalou a delegada.

Raquel Arias agradeceu o esforzo de cantos concorreron á presente edición do certame, “pero tamén quero amosar o agradecemento e felicitacións aos pais que animan aos mozos escritores, aos mestres e bibliotecarios que fomentan esta afección, e aos xurados que teñen a difícil tarefa de elixir os mellores traballos”.

Relación dos premiados

Os premios deste ano chegaron a puntos moi diversos da provincia. Así, na categoría de nenos e nenas de ata 8 anos os gañadores foron Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza, Elena Vilela Vázquez, da de Sarria, e Carmen Mato Maseda, de Vilalba. O xurado acordou conceder ademais dous accésits para Aldara Pozo Rodríguez e Xiana Rego Fernández, da Pobra do Brollón e Mondoñedo respectivamente.

Polo que respecta á categoría de nenos e nenas de entre 9 e 11 anos, resultaron gañadores Laura López López, de Sarria, Adrián Estraviz Cerdeira, da Biblioteca Provincial –na capital lucense-, e Macarena Ledo Vázquez, de Burela. Así mesmo, recibiron accésits Paula Vázquez, tamén de Burela, Anxela Jorge Vidal, de Sober, e Javier Fernández Arruñada, de Foz.

Por último, na categoría de participantes de entre 12 e 16 anos, o xurado premiou os traballos de María Elena López González, de Sarria, Brenda González Fernández, da Biblioteca Provincial, e Laura Claro Tellado, de Burela. Os accésits foron para Vanessa López Gómez, de Ribadeo, e Amara Chao Durán, de Burela.

Gabinete da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información