Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival de Músicas Contemplativas trae a Compostela músicas do mundo

Durante a próxima Semana Santa diferentes igrexas de Santiago acollerán a quinta edición do Festival de Músicas Contemplativas. Trátase dunha iniciativa cultural ligada ao patrimonio da cidade histórica de Santiago, creado e organizado polo Consorcio de Santiago, e que, este ano, conta coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. Segundo anunciaron en rolda de prensa o director-xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva Prieto, en total serán 15 concertos que terán como escenario 7 espazos históricos da cidade e nos que se darán cita tradicións musicais de oriente e occidente, nunha sorte de diálogo cultural.

Así, entre o 29 de marzo e o 3 de abril as igrexas de San Martiño Pinario, Convento do Carme, San Francisco, San Paio de Antealtares, Ánimas, Universidade e a Capela do Hostal dos Reis Católicos acollerán diferentes concertos de grupos instrumentais e solistas vocais de Europa, Asia e América, representantes de diferentes tradicións musicais, e cuxas músicas soarán en latín, grego, hebreo, árabe ou mongol, entre outras linguas. Os artistas proceden de Inglaterra, Vietnam, Francia, Mongolia, India, Exipto, Finlandia, Azerbaixán, Irán, Italia, Ouzbekistán e Estados Unidos.

Trátase polo tanto dun festival que transmite un forte compromiso intelectual no marco dun mundo cada día máis globalizado; unha iniciativa que quere abrir pontes, fomentar o coñecemento entre os pobos e as culturas e ser un diálogo musical aberto.

O Festival de Músicas Contemplativas está moi relacionado co patrimonio histórico de Santiago, polo que ao pracer de escoitar únese o pracer de contemplar a riqueza histórica e artística das diferentes igrexas da cidade histórica compostelá. A política de recuperación do patrimonio arquitectónico levada a cabo polo Consorcio de Santiago ten nesta nova edición do Festival de Músicas Contemplativas un dos seus obxectivos prioritarios: dotar dunha nova dimensión a impresionante herdanza histórica e monumental dos edificios restaurados, converténdoos durante uns días en escenarios de primeiro nivel dun evento pensado para escoitar e contemplar.

O programa

O Festival arrinca o luns 29 de marzo co grupo inglés de música antiga The New London Consort, que na igrexa de San Francisco interpretará pezas de Bach e Praetorius, e coa cantante vietnamita Houng Thanh, na igrexa da Universidade. O día 30 de marzo será o turno de Fretwork Ensemble (Inglaterra), de Les Éléments (Francia) e da cantante procedente de Mongolia, Urna. O 31 de marzo as igrexas de San Martiño Pinario, Ánimas e Universidade acollerán os recitais de, respectivamente, Divana Ensemble (India), Enma Kirby & London Baroque (Inglaterra) e Sheikh Taha (Exipto). O 1 de abril actuarán a Helsinki Baroque Orchestra, o Hilliard Ensemble e o grupo procedente de Azerbaixán Alim & Fargana Qasimov. O 2 de abril, a Capela do Hostal dos Reis Católicos será escenario para a música e a poesía mística persa de Parissa. Tamén nesa xornada actuarán Il Suonar Parlante (Italia) e o Monâjat Yultchieva (Ouzbekistán). Finalmente, o 3 de abril pechará o festival a agrupación Kenneth Weiss, de Estados Unidos.

Dentro dos programas do Consorcio, a iniciativa do Festival de Músicas Contemplativas, creado no 2006, ven a ser un eslabón máis dentro da rede cultural que o organismo está a tecer de estruturas permanentes. Tal é o caso da consolidación da Real Filharmonía de Galicia, a Escola de Altos Estudos Musicais, a creación do programa de cultura científica “ConCiencia”, o “Compostela Organum Festival”, o “Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana” ou o programa de publicacións.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información