Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentada a reedición dos nº 1 e 3 do Caderno de Estudos Chairegos

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou na Casa da Cultura de Vilalba, acompañado do presidente do Instituto de Estudios Chairegos, Manuel Castro Santamariña, a reedición dos números 1 e 3 do Caderno de Estudios Chairegos que levou a cabo a asociación homónima co apoio da Área de Cultura da Deputación. A reedición destes dous números dos Cadernos de Estudios Chairegos, así como outras edicións e actividades promovidas pola asociación vilalbesa, púidose ver materializado grazas á estreita colaboración entre a Área de Cultura da Deputación e o Instituto de Estudios Chairegos.

Na súa intervención, o nacionalista Antón Bao destacou o “traballo abnegado do Instituto de Estudios Chairegos a prol da recuperación, revitalización e investigación do noso patrimonio cultural, sinal de identidade que nos identifica como pobo”. Por iso, Bao manifestou que “desde a entrada no goberno da Deputación, desde a Área de Cultura sempre tivemos claro que para dinamizar culturalmente Lugo e o País era necesario apoiar o asociacionismo, xerme de ideas e motor cultural e social”. Deste xeito, Antón Bao remarcou que “a Deputación de Lugo estará sempre axudando a todos aqueles colectivos que, como o IESCHA, traballan para manter vivos unha cultura, un idioma – e máis nestes tempos nos que se está vendo continuamente ameazado a teor da resposta social que hoxe vai haber a favor do fomento da lingua- e todos aqueles elementos culturais que edificaron a nosa historia como pobo e cuxa preservación e valorización resultan fundamentais para manter viva a nosa identidade”.

Pola súa banda, o presidente do Instituto de Estudios Chairegos, Manuel Castro Santamariña, agradeceu todo o apoio recibido por parte da Área de Cultura da Deputación, “o que lle permite á asociación levar a cabo tarefas como a reedición que hoxe presentamos, de xeito que se cumpre unha demanda social, xa que os números estaban esgotados desde hai tempo e moitas persoas reclamaran insistentemente poder facerse cun volume”. Ademais, lembrou Santamariña que “grazas ao apoio da Deputación, púidose realizar tamén o exitoso certame de pintura rápida ao aire libre ou celebrar o 5º Día da Cultura Chairega coincidindo co 5º cabodano de Manuel María”, polo que agradeceu que este apoio continuase o vindeiro ano “xa que proxectos non nos faltan”.
Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información