Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Alumnos de Jazz da Escola Superior de Música de A Coruña contactan por videoconferencia con músicos

Os alumnos de Jazz da Escola Superior de Música da Coruña puideron comunicarse, desde o telecentro de comunicación da cidade, cos veteranos e afamados músicos de Jazz Steve Brown e Walter White. Trátase dunha iniciativa da campaña Comunícate do Centro Multimedia de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Medios, coa que se pretende dar a coñecer o proxecto musical “Atlantic Bridge” e o seu primeiro álbum, que será presentado en España o vindeiro mes de xaneiro. Esta actividade puido ser seguida tamén desde o propio Centro Multimedia de Galicia, en Santiago.

“Atlantic Bridge” é o nome co que bautizaron a súa unión catro músicos galegos (Alberto Conde, Roberto Somoza, Kin García e Miguel Cabana) e dous norteamericanos (o guitarrista Steve Brown e o trompetista Walter White). A música dos catro músicos galegos, profesores do departamento de Jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña, chegou a oídos do guitarrista Steve Brown, que, unido á gran conexión dos últimos anos entre o Jazz con raíces galegas e o americano, fixo que a idea de compartir escenario os seis músicos fose cobrando forma. Así, tras varios concertos por Europa, os músicos galegos viaxaron a Estados Unidos e en febreiro deste ano gravaron o seu primeiro disco xuntos.

Durante o acto, presentado polo coordinador da campaña “Comunícate”, Xosé Manuel García, e a presentadora Belén Xestal, Steve Brown agradeceu á Xunta de Galicia a oportunidade de celebrar este evento, que “serve para mostrar que a tecnoloxía está á nosa disposición para traballar no mundo da musica” e supón tamén unha ocasión para difundir o Jazz, “en especial o gran Jazz de calidade que se fai en Galicia”. Na sua intervención, lembrou como coñeceu a Alberto Conde, e, marabillado co traballo que se estaba a facer na comunidade galega, puxeron en marcha o proxecto “Atlantic Bridge”, ao que se incorporaron Roberto Somoza, Kin García e Miguel Cabana.

Pola súa banda, Alberto Conde salientou a importancia que ten para eles realizar este proxecto “cun dos que trouxo o Jazz a Europa, como foi Steve Brown”, e describiu a importante experiencia que viviron os músicos galegos na súa visita a Nova York para gravar este disco. Así mesmo, anunciaron que no vindeiro mes de xaneiro, máis concretamente o 19 na Coruña e o 22 en Vigo, farase a presentación oficial do disco “Atlantic Bridge”. Steve Brown e Walter White darán, ademais, unha serie de Master Class durante a súa estancia en Galicia.

O evento pechouse coas diferentes preguntas dos alumnos do Conservatorio Superior de A Coruña e dos diferentes asistentes ao acto. A guinda púxose coa audición en primicia dalgúns temas do grupo “Atlantic Bridge”.

A través da campaña Comunícate do Centro Multimedia de Galicia, preténdese dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación para convertelos en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego.

O obxectivo de Comunícate é que os telecentros de comunicación se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía. Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar os telecentros de comunicación para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, etc…

Telecentro de comunicación

Un TC é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios (accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia), dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.

Fotografía: Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información