Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A curta galega X nada, nomidada aos Premios Goya

A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, formando parte das dez curtametraxes de entre os que sairán os catro nomeados na categoría de mellor curto de ficción.

A curta, que opta agora ao seu galardón máis importante, xa conta no seu haber con cinco premios e unha trintena de seleccións en importantes festivais nacionais e internacionais (Portobello, Bogotá, Curtocircuito, Cans, Boca del Lobo, Cortogenia, Baumann…).

X nada, unha alegación en contra do acoso e a violencia entre a xuventude, narra de forma trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque propios do documental, con cámara ao ombreiro, plano imperfecto e idea de neutralidade, que o converten nunha “fiestra indiscreta”, a través da que se mostra ao espectador unha das fatalidades da nosa sociedade actual.

O equipo e a produtora, independentemente do resultado final da preselección, non teñen máis que agradecer a resposta por parte de público e crítica que está tendo a curtametraxe, considerando un gran logro para todos chegar ata esta fase.

Martín Cañedo (Ficción Producciones S.L.)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información