Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Fundación Galicia Europa entrega os premios do certame fotográfico Galicia innovadora e creativa

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e Director-Apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Mª Gamallo Aller entregaron os premios do Concurso Fotográfico “Galicia Innovadora e Creativa” na Fundación Torrente Ballester. A contía dos premios ascende a 6.000 euros, repartidos nun primeiro premio de 3.000 euros, 2.000 euros o segundo e 1.000 euros o terceiro.

Francisco López afirmou que desde a súa dirección xeral se traballa coa idea de que a arte “abra camiños de progreso, de que as creadoras e os creadores afonden na realidade para dar novas visións e abrir a nosa intelixencia a outras perspectivas, como vangardas do pensamento colectivo”. “Vivimos no século da imaxe, é o xeito inmediato de facernos entender e de chegar a ámbitos culturais moi distantes pasa por coñecermos as formas alleas e por transmitir as nosas, por saber das paisaxes e das relacións cromáticas que establecemos e que outros establecen”, engadiu.

Asemade, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura gabou a iniciativa da Fundación Galicia Europa, por “constituir un estímulo magnífico para erguer esa mirada, para traer ante nós as novas perspectivas, os novos aspectos de nós mesmos que dexerga a fotografía, e para animar esta comunicación imparable, que abre camiños de fraternidade e de cooperación”.

Francisco López declarou que o interese da Consellería de Cultura e Turismo “é que Galicia, coa celebración do Xacobeo 2010, que rubricaremos co Ano do Libro e da Lectura, tome consciencia do seu papel crucial na cultura europea, e que, logo de recibir durante milenios a achega de países distantes, asuma a condición de emisora do seu inmenso capital intelectual, na unidade e no apoio de todas e de todos a unha sociedade madura”.

Concurso fotográfico

A temática deste certame organizado pola Fundación Galicia Europa e pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura baseouse na celebración do Ano Europeo 2009 da Creatividade e a Innovación. Desde as institucións europeas consideran fundamental potenciar as aptitudes creativas da poboación para responder efectivamente aos desafíos e oportunidades da globalización e á situación de crise actual. Neste senso, as fotografías debían centrarse en aspectos nos que Galicia evolucionou e progresou máis nos últimos anos.

Para levar a cabo a selección, valorouse a calidade técnica e a habilidade fotográfica dos participantes, así como a súa capacidade para transmitir a imaxe dunha Galicia creativa e innovadora. De acordo con estes aspectos, a comisión seleccionou 9 obras co fin de que constitúan unha exposición itinerante que recorrerá as catro provincias galegas, e que finalizará o seu recorrido en Bruxelas, ante representantes das institucións e das rexións europeas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información