Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia participa na Feira do Libro de Guadalajara (México)

A Feira Internacional do Libro de Guadalajara de México (FIL), inaugurouse cunha relevante presenza galega mediante a exposición compartida entre a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, e as 24 distintas editoriais reunidas pola Asociación Galega de Editores. Considérase a FIL como o máis importante evento do libro no continente americano, coa presenza de editoras de 40 países e 600.000 visitantes, dos que 17.000 corresponden ao sector profesional.

Galicia está representada na Feira no só pola mostra da última produción editorial en lingua galega, senón tamén pola intervención directa en actos e reunións de carácter profesional, do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso G. Sanmartin; os ilustradores Kiko da Silva e Carlos Portero; e dos escritores Alfredo Conde, Manuel Rivas e Fina Casalderrey, ademais de representantes de varias editoriais.

A primeira das actividades organizadas celébrase hoxe domingo cando a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organiza un taller de ilustración e de banda deseñada a cargo de dous dos mellores ilustradores galegos do momento, Kiko Dasilva e Carlos Portela. Ata o día de remate da Feira, o vindeiro 6 de decembro, a delegación galega participará noutras actividades de presentación de libros, lectura de poesía, mesas redondas e encontros profesionais, incluso en sesións de iniciación e animación á lectura con escolares e docentes mexicanos de educación primaria e secundaria.

Ano do Libro e da Lectura

No decurso desta edición da FIL, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura presentará o proxecto “2010 Ano do Libro e a Lectura”; e proporá que en 2011 a Comunidade galega sexa Convidada de Honra do evento feiral, título reservado para unha rexión ou país seleccionado pola entidade organizadora, que se converte en centro de atención do público profesional e visitante de cada edición. Este ano por primeira vez o convidado estrela é unha cidade, Los Angeles.

A Feira mexicana é unha das principais ferramentas que existen para dar a coñecer no exterior a produción editorial galega, a través dunha plataforma internacional que, desde a súa creación en 1987, se foi convertendo nun dos principais mercados mundiais do libro. Segundo datos da organización, á FIL acode anualmente unha media de 17.000 editores, axentes literarios, tradutores, distribuidores e bibliotecarios, que realizan transaccións comerciais e profesionais por un valor estimado de 16,7 millóns de euros, ao que se suman as vendas ao público visitante, estimadas en 5,3 millóns de euros.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información