Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Santiago de Compostela acolle o VI Simposio do Libro e a Lectura sobre o libro dixital

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou na inauguración do VI Simposio o Libro e a Lectura dedicado ao “Libro dixital: presente e futuro” que a declaración do Ano do Libro e da Lectura presenta unha “oportunidade única que non podemos deixar de aproveitar en 2010”. No acto celebrado no Consello da Cultura Galega asemade o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón villares.

No seu discurso, Francisco López apreciou a importancia crecente de novos formatos de lectura como o libro dixital. “Non deixa de ser unha forma máis de lectura, unha vía máis e un camiño novo para acceder aos mundos da imaxinación que se plasman nas letras, antes impresas, agora creadas electronicamente sobre unha pantalla”, manifestou. Ante esta suma de recursos no campo da lectura, Francisco López previu que “os soportes vellos e os novos convivirán como conviviron sempre, pero cada un deles no seu espazo” xa que “nin a televisión eliminou á radio, nin a radio enterrou a prensa, nin o vídeo suplantará a televisión”. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura fixo público o compromiso e apoio da Xunta de Galicia ante este novo desafío, “apoiando ás editoras que deciden adentrarse nestes novos mercados, aos libreiros, avalando os seus proxectos e colaborando na creación das bases que permitan un día facer un éxito do que aínda é unha ilusión”.

Respecto a posible ameaza que supón a proliferación destes novos medios ante os vellos soportes, o director xeral de Cultura afirmou que “hai xa anos que as transformacións nos aseguraban un futuro sen libros pero que a pesar de todo aquí estamos lendo cada día máis”. “O libro impreso nunca vai desaparecer”, engadiu.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información