O Instituto Cervantes organizará en 2010 diversos cursos de galego

Anxo Lorenzo trasladoulle a Francisco Moreno o seu interese en que se impartan no Instituto Cervantes diversos cursos Celga, que acreditan o coñecemento en lingua galega, así como en ampliar a oferta de actividades de difusión da lingua e a cultura de Galicia.
Durante a súa estancia en Madrid, o secretario xeral de Política tamén se entrevistou co delegado da Xunta na capital espoñola José Ramón Ónega, quen lle amosou o seu interese pola posibilidade de que se imparta formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid.
Finalmente, Anxo Lorenzo visitou a Oficina de las Lenguas Oficiales, do Ministerio de Política Territorial. Trátase dunha unidade de asistencia e apoio do Consejo de las Lenguas Oficiales que ten como obxectivos prioritarios o estudo, a promoción, o asesoramento e a constatación do uso das linguas oficiais nos servizos centrais e periféricos da Administración General do Estado.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia