Dixitalizarase o patrimonio bibliiográfico galego a través da Biblioteca de Galicia
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, e o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar, visitou a Biblioteca da Deputación Provincial e a sede da Fundación Casdemiro, onde anunciou varios proxectos de colaboración a través da Biblioteca de Galicia de cara a protexer e conservar o patrimonio bibliográfico galego. Neste sentido, Francisco López destacou que a Consellería de Cultura e Turismo impulsará a dixitalización dos fondos de entidades como a Fundación Casdemiro, que alberga o legado do intelectual Julio Francisco Ogando, ou da Deputación de Ourense, con fondos como a Biblioteca Blanco Amor e Ben-Cho Shey.
Neste sentido, o director xeral de Cultura lembrou o labor da Biblioteca de Galicia, creada en 1989 como Centro Superior Bibliográfico de Galicia, para aglutinar os esforzos de recuperación e difusión do patrimonio bibliográfico galego e de actuar non só sobre as súas propias coleccións senón, sobre todo, “distribuír no posible os seus esforzos co fin de axudar e colaborar cos proxectos que outras institucións están a facer para a protección e conservación de tan importante tesouro”. A Biblioteca de Galicia xa ven traballando dende hai anos con diversos arquivos ourensáns no apoio, formación e catalogación de fondos: a biblioteca da Catedral, a do Seminario, a da Deputación, a da Fundación Casdemiro ou a biblioteca nodal de Ourense.
Outra das novidades de traballo conxunto que aporta a Biblioteca de Galicia radica nos novos proxectos de dixitalización de fondos patrimoniais que abre novas posibilidades de colaboración. Segundo o director xeral, este achegamento aos procesos dixitais permitirá “coordinación e integración dos proxectos levados a cabo en diferentes centros, formación de técnicos e bibliotecarios, cofinanciación de proxectos ou a colaboración na distribución dos contidos dixitais”.
Francisco López valorou especialmente a tradición editorial, impresora e en definitiva literaria, da cidade de Ourense. O director xeral recordou o labor pioneiro da “Atenas de Galicia” xa que “en Monterrei naceu a imprenta galega e na capital imprímense algúns dos seus primeiros incunables” e apuntou cara ao protagonismo da imprenta ourensán ao longo dos séculos, sobre todo “no século XX onde xoga un papel transcendental nas novas tendencias culturais nacidas da recuperación do galeguismo”, afirmou.
Asemade, o director xeral valorou o estado actual das coleccións na cidade de Ourense: a Colección de Anselmo López Morais –doada á Biblioteca Nodal-, a extraordinaria colección de Julio Francisco Ogando –na Fundación Casdemiro- ou as coleccións de Blanco Amor e Ben-Cho Shey –na Biblioteca da Deputación-, herdanza do bo facer de anos anteriores. Francisco López atribuíu este éxito á “interesantísima produción de libros e excelentes coleccións conservadas gracias ao esforzo e entrega de bibliotecarios e autoridades que completa, dá vida e ao tempo converte en tesouro público”.
Fundación Casdemiro
O nome de Julio Francisco Ogando ocupou un lugar destacado na visita do director xeral a Ourense. Esta importantísima figura da cultura galega do pasado século é “un dos mellores exemplos de entrega á recuperación da historia e patrimonio ourensáns, a través dos seus estudos e investigacións e da extraordinaria colección de libros e folletos impresos e de publicacións periódicas que foi atesourando”.
Deste xeito, a Fundación Casdemiro xestiona un importante legado intelectual e material con máis de 20.000 libros, 2.5000 caixas con xornais e revistas varias do século XX e ao redor de 700 caixas co arquivo persoal do profesor, fichas de libros e outros documentos.
Mostra Patrimonio Inmaterial
Doutra banda, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura destacou na inauguración da Mostra do Patrimonio Inmaterial na Praza Maior a importancia “do noso patrimonio cultural que construímos xuntos e que non é outra cousa que o que nos impulsa para actuar de maneira colectiva”. “Aquí encontramos o vencello entre as enerxías renovables, os produtos ecolóxicos e a creatividade artística, e sabemos que todo está unido pola nosa esencia patrimonial”, asegurou.
No seu discurso, Francisco López reivindicou que coa identificación do patrimonio inmaterial “gozamos desa riqueza, compartímola, dámoslle pulo; todo nos pertence e de todo formamos parte e sentilo así nos dá un espazo moito máis confortable e unha perspectiva moito máis prometedora, na que por fin encontramos a nosa substancia humana”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia