Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O fotógrafo Xosé Manuel Otero presenta a mostra Elas

O fotógrafo Xosé Manuel Otero trae ao Edificio Multiusos da Xunta a súa colección “Elas”, incluída este ano no Outono Fotográfico, e que poderá ser visitada ata o 27 de novembro.

O Outono Fotográfico é un evento subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, organizado pola Casa da Xuventude de Ourense pero que presenta exposicións en máis de 20 cidades e vilas das catro provincias galegas.

Otero forma parte do grupo fotocinematográfico Fonmiñá, que tradicionalmente colabora co Outono Fotográfico para traer a Lugo algunha das exposicións da mostra e que este ano logrou achegar a colección do fotógrafo taboadés.

A Delegación Territorial da Xunta colabora nesta exposición cedendo a sala do edificio administrativo, así como na montaxe e difusión deste acontecemento cultural. A mostra poderá ser visitada en horario de mañá (9.00 a 14.00).

Na presentación da exposición participou o propio autor, acompañado polo responsable de Coordinación Administrativa da Consellería de Traballo e Benestar, Vicente Correa, así como polo presidente e o vocal de fotografía do grupo Fonmiñá, Xulio Xiz e Eduardo Rodríguez Ochoa, respectivamente.

Xosé Manuel Otero é un fotógrafo de formación autodidacta, traballa indistintamente en cor ou branco e negro, con inclinación cara aos temas paisaxísticos e os retratos. Ten realizado exposicións individuais na Sala Fonmiñá de Lugo dende 1997, e tamén participou nas edicións do Outono Fotográfico dos anos 1999 –cunha colección sobre a Ribeira Sacra que foi adquirida polo Museo Etnográfico de Ribadavia-, 2000 e 2003.

Elas é unha colección de 25 fotografías que teñen como denominador común a imaxe da muller, captada en diversas actitudes e dende distintas perspectivas.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información