Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O historiador Francisco Espinosa presentou o seu último libro: Callar al mensajero

O historiador estremeño Francisco Espinosa Maestre (Villafranca de los Barros, Badajoz, 1954) presentou na Facultade de Xeografía e Historia da USC o seu último libro, Callar al mensajero (Península, 2009), nun acto organizado polo Proxecto de Investigación Interuniversitario ‘Nomes e Voces’.

O acto, presentado e moderado polo catedrático de Historia Contemporánea e investigador principal do Proxecto Lourenzo Fernández Prieto, contou ademais coa presenza do historiador e coordinador do Proxecto ‘Nomes e Voces’, Dionisio Pereira, protagonista dun dos episodios que Espinosa recolle no seu libro que trae a primeiro termo a cuestión da recuperación da memoria da represión franquista e o dereito dos estudosos a investigar nos feitos que se sucederon tras o Golpe de Estado de 1936.

Callar al mensajero é o resultado dun traballo de investigación de doce casos concretos que arrancan na transición nos que os seus protagonistas tiveron que facer fronte a problemas xurídicos: os historiadores por mor das súas labores de recuperación da memoria histórica e os familiares por tentar resarcir a dignidade das vítimas.

Eses casos que o autor aborda no libro teñen como protagonistas diferentes nomes e lugares, destacando pola súa proximidade Dionisio Pereira, denunciado polos familiares dun suposto represor por proporcionar o seu nome no marco das súas pescudas sobre a represión franquista en Cercedo (Pontevedra) e o falecido Ramón Garrido, autor dun texto de carácter autobiográfico no que se facía referencia á actividade represora do alcalde de O Grove e que tras figurar na rede foi retirado tras a denuncia da familia deste.

Francisco Espinosa

Francisco Espinosa Maestre é historiador e doutor en Historia, ademais de coordinador científico do Proxecto en rede para a consulta de represaliados polo franquismo ‘Todos los Nombres’ de Andalucía (http://www.todoslosnombres.org).

A súa obra Callar al mensajero preséntase como o último traballo dunha longa traxectoria dedicada á investigación da República, do Golpe de Estado de 1936 e da represión franquista no suroeste, traducidas en moitos artigos e publicacións entre os que destacan La guerra civil en Huelva (Diputación de Huelva, 1996), La justicia de Queipo (Crítica, 2000), La columna de la muerte (Crítica, 2003), El fenómeno revisionista o los fantasmas de la derecha española (Del Oeste Ediciones, 2005), Contra el olvido (Crítica, 2006) e La primavera del Frente Popular (Crítica, 2007).
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información