Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Convocado o I Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero

O Concello de Palas de Rei, a través do Centro de Información a Muller convoca o “I Concurso de Carteis contra á Violencia de Xénero” destinado a tódolos/as estudiantes dos Centros Escolares de Palas de Rei, esto é, Colexío e Instituto.

Establécense 4 categorías:
 A) Alumnos/as entre 6 e 8 anos (Educación Primaria).
 B) Alumnos/as entre 9 e 12 anos (Educación Primaria).
 C) Alumnos/as entre 13 e 16 anos (Educación Secundaria).
 D) Alumnos/as entre 17 e 18 anos (Bacharelato).

O tema elexido para os carteis estará relacionado co día que se conmemora, nel deberá figurar o lema: “25 de novembro día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller”.

Os carteis serán feitos en tamaño folio e con liberdade de procedemento, valorando a súa orixinalidade e presentación. Os traballos presentaranse sen firma, irán identificados ao dorso cun lema, e entregaranse xunto a un sobre pechado no que figure o mesmo lema cunha tarxeta no seu interior co nome, apelidos,idade, curso,centro escolar, dirección e teléfono.

Mentres que os orixinais admitidos en concurso serán expostos ao público no Salón de Actos do Centro Educativo.

O Prazo de admisión abriuse o 20 de outubro e cérrase o 11 de novembro deste ano. Deberán presentarse no Centro de Información á Muller, esto é, no Centro de Saúde de Palas de Rei, na Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n, e o fallo do xurado considerase seguindo as bases inapelable facéndose público o día 12 de novembro do 2009. O Xurado estará integrado pola Traballadora Social e os integrantes do Centro de Información a Muller.

Os premios:
 Na modalidade A: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
 Na modalidade B: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
 Na modalidade C: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.
 Na modalidade D: Publicación do debuxo nun cartel ou calendario.

En canto a Exibición e publicación:
A) Farase un acto de entrega de premios.
B) Aqueles traballos que resultaran premiados e outros que o xurado seleccione dos traballos que se presenten, serán publicados e posteriormente exhibidos, podendo ser utilizados polo Concello de Palas de Rei naquelas publicacións que se consideren oportunas. Neste senso dende o Concello prevese darlles publicidade e exhibición nuna serie de carteis de difusión que sairán a tal efecto así como en calendarios do ano 2010 tanto de bolsillo como en tamaño grande.

A organización velará polo bo estado e conservación dos traballos presentados. E a participación no concurso supón a aceptación das Bases do mesmo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información