Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Unha exposición no Carvalho Calero recupera a figura de Manuel Azaña

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, presentou a nova exposición que se poderá ver nas instalacións do centro cultural Carvalho Calero, ubicado na praza de Inferniño. A mostra, que leva por título Manuel Azaña e a Segunda República é de carácter itinerante e está organizada pola Asociación Cultural Manuel Azaña de León -o seu presidente, Joaquín Rodero estivo no acto de presentación- en colaboración co Concello de Ferrol. A mostra estará aberta ata o 6 de novembro en horario de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00, de luns a venres.

A responsable das políticas culturais do Concello explicou que a finalidade desta mostra é recuperar a memoria histórica do pasado recente, tendo como protagonista á figura de Manuel Azaña Díaz (Alcalá de Henares, 1880-Montauban, 1940), presidente da Segunda República Española e unha das personalidades máis emblemáticas do século XX. Para iso, os seus contidos estrutúranse en dous bloques con abundante documentación orixinal sobre este período político da historia de España, que é, principalmente, propiedade da Asociación Manuel Azaña. O resto do material foi cedido por Izquierda Republicana e a Fundación Luís Bello.

A primeira parte desta exposición, que conta co apoio do Ministerio de Presidencia, está composta por diversas fotografías expostas en paneis que seguen unha orde cronolóxica e corresponde á súa infancia e mocidade e ás súas etapas da República e a Guerra Civil. Remata co seu exilio e o seu enterro na localidade francesa de Montaubaun o 4 de novembro de 1940.

Exemplares de xornais da época, edicións dos anos 30 de libros escritos por Azaña como “El jardín de los frailes” o “En el poder y la oposición”, telegramas, correspondencia ou cartillas de instrucións do Exército Popular son algúns dos valiosos documentos que forman parte deste segundo bloque da mostra. Este complétase con material como moedas e billetes da República e da Guerra Civil, copias de documentos persoais de Azaña como o manuscrito “Mi rebelión en Barcelona” ou o seu discurso máis importante durante a Guerra Civil, coñecido como o das tres “P”: Paz, piedade e perdón.

“Manuel Azaña e a Segunda República” ofrece así mesmo material audiovisual como as dúas únicas gravacións sonoras que se convervan de Manuel Azaña ou a preparación do popular mitin do campo de Comillas (Madrid) pronunciado en outubro de 1935 e ao que acudiron máis de medio milón de persoas.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información