Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Feira Ecolóxica de Arzúa acolleu a exposición Antigos soños de mulleres kichwas

A exposición Antigos Soños de Mulleres Kichwas, que percorrerá diferentes vilas galegas, é unha mostra itinerante a través da que se pretende achegar á sociedade galega á realidade das comunidades indíxenas da Amazonía Ecuactoriana e as loitas que veñen impulsando as mulleres nos ámbitos da saúde, a producción, a capacitación e a organización social, gardando a súa identidade e cosmovisión do mundo e da vida

A exposición fotográfica inclúese na programación da VI Feira Ecolóxica de Arzúa que se celebra o 17 e 18 de outubro. A mostra pode visitarse no Recinto Feiral de Arzúa en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Ademáis, a sección de videoinstalación do festival pon a disposición do público asistente ao evento o documental “Antigos soños de mulleres kichwas”, unha producción de Santiago Carcelén complementaria ás fotografías.

A mostra fotográfica, froito do apoio de Luis Vera (fotógrafo paraguaio de Cruz Vermella Suíza) e da colaboración de Raquel Clausí (fotógrafa valenciana e colaboradora de Paz e Desenvolvemento ONGD), foi realizada a través dos ollos das verdadeiras protagonistas desta loita, as mulleres, e pretende dar a coñecer o proceso de empoderamento da muller indíxena kichwa, pertencente aos cantóns de Loreto e Tena, provincias de Orellana e Napo, na Amazonía ecuatoriana.

Paz e Desenvolvemento ONGD convida a través de 35 fotografías a compartir o traballo que está desenvolvendo como organización na Amazonía ecuatoriana, dentro do ámbito das prácticas de saúde intercultural, educación intercultural bilingüe, fortalecemento organizativo, así como creación e xestión de recursos a través de alternativas económicas sustentables, que contribúan a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, mediante a formación de capacidades locais, a través da recuperación e potenciación das prácticas e tradicións ancestrais.

Esta presentación forma parte do traballo coas organizacións de base Fonakin (Federación de Organizacións de Nacionalidade Kichwa do Napo) e a OCKIL (Organización de Comunidades Kichwas de Loreto), dentro do marco do convenio “Mellora das condicións de vida das comunidades indíxenas da Amazonía ecuatoriana”, subscrito entre Paz e Desenvolvemento ONGD e a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento) e grazas á participación do grupo de mulleres Kallary muscuy warmi wuankuriska, traducido como ‘Antigos soños de mulleres organizadas’

Paz e Desenvolvemento é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento desde a que se tenta contribuír a mellorar as condicións de vida de comunidades en países empobrecidos. Realiza o seu traballo por medio dunha cooperación participativa, con especial atención á cuestión de xénero; isto é, a inserción da muller no desenvolvemento da súa propia comunidade en condicións de igualdade e de respecto.

O fin da organización é promover os cambios sociais e económicos a través da mellora da saúde, a educación, as infraestruturas básicas, a defensa da infancia, a promoción da muller... coa intención de que, pouco a pouco, se poidan reducir as desigualdades que impiden unhas relacións entre o norte e a gran maioría do sur en condicións de xustiza.

A través da súa Delegación en Galicia, Paz e Desenvolvemento ONGD opera desde e para a sociedade galega, tendo en conta a realidade social, asociativa, institucional e política propia. Na súa interacción coa cidadanía galega, as institucións e as sociedades de países empobrecidos, colabora con diferentes entidades tanto públicas coma privadas. Neste caso, a exposición fotográfica conta co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.
Estíbaliz Táboas (Área de Comunicación de Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información