Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Casa da Cultura de Barreiros acolle a exposición Inquedanzas, de Hixinio Flores

O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, inaugurou, xunto a outras autoridades locais, a exposición itinerante “Inquedanzas” do fotógrafo lucense Hixinio Flores. A mostra, composta por unha pequena porcentaxe das obras presentadas polo Museo Provincial de Lugo no Pazo de San Marcos no mes de agosto, poderase visitar ata o vindeiro venres 5 de novembro na sala de exposicións do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros. O patrimonio etnolóxico galego, a paisaxe e as consecuencias da intervención do ser humano na mesma definen en boa medida a produción deste artista, nado en Castro de Rei, que pretende dialogar co seu público empregando como canle de comunicación esta selección de instantáneas.

Na súa intervención, Antonio Veiga recalcou que esta exposición “é o resultado dun exhaustivo traballo de campo desenvolto durante moitos anos e que a día de hoxe se converteu nunha referencia indiscutible no eido da fotografía etnográfica e antropolóxica de Galiza”. Alén disto, o nacionalista agradeceulle ao fotógrafo lucense “a posibilidade que nós ofrece ao rescatar e dar coñecer, a través das súas imaxes, unha parte esencial do noso patrimonio natural e cultural”.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Museo Provincial, pretende achegarlles esta e outras exposición a todos os lucenses traballando de forma conxunta cos concellos. O obxectivo desta iniciativa cultural é acadar, co paso do tempo, unha mellor e maior difusión obras de gran valor e relevancia cultural e social achegándoas fisicamente ao maior número de vilas posible. Deste xeito, unha parte da produción artística de Hixinio Flores viaxará, ao igual ca exposición de gravados “Incisións”, por toda a xeografía lucense antes de volver ao seu lugar de orixe, o Museo de Lugo.



Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información