O campus universitario de Vigo acolle o ciclo Escritores na Universidade
A facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acolleu a inauguración do V Ciclo Escritores na Universidade. O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a directora do departamento de Filoloxía Galega e Latina, Camino Noia; e o vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega por Vigo, Francisco Castro, presidiron a mesa inaugural deste ciclo, co que se pretende que a comunidade universitaria e a sociedade en xeral coñezan de primeira man as opinións dos escritores sobre a situación actual dos diferentes xéneros literarios.
Durante a súa intervención, o responsable de Política Lingüística destacou a colaboración que actualmente mantén o departamento que dirixe con “entidades do ámbito cultural tan importantes como a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou o PEN Club de Galicia”, referentes en Galicia dentro do panorama literario.
Logo da presentación do ciclo, deu inicio a primeira mesa redonda, O poeta en tempos de penuria, na que participan Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro Tobío e mais Luís González Tosar.
O programa
O Ciclo Escritores na Universidade consta de varias mesas redondas, nas que participarán algúns dos escritores e especialistas máis importantes da literatura galega actual. Ademais da que se desenvolve hoxe, O poeta en tempos de penuria, a Universidade de Vigo acollerá outras tres mesas redondas máis ata finais de ano. A seguinte, que leva por título Narrar e contar dos tempos que corren, terá lugar o vindeiro 5 de novembro e nela intervirán Marcos Calveiro, Luís Rei Núñez e mais Inma López Silva. Á fronte da mesa de debate do 19 de novembro, Ensaiar e pensar desde (e para) o país escuro, estarán María López Sández, Dolores Vilavedra e Xosé Manuel Beiras Torrado. Finalmente, Quico Cadaval, Afonso Becerra e mais Gustavo Pernas serán os encargados de pechar o Ciclo Escritores na Universidade coas súas intervencións na mesa Máscaras e rostros, teatro e realidade, que se celebrará o día 3 do mes de Nadal.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia