Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Compostela acolle o VII Encontro de Educación Infantil

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou o VII Encontro de Educación Infantil que se celebra no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela. Nos obradoiros e conferencias organizadas en torno a este evento asistirán 525 docentes de Educación Infantil.

Durante o acto de inauguración Vázquez Abad destacou que ”estes encontros se constitúen como un foro de debate e actualización nas primeiras etapas de aprendizaxe. Este é un espazo de intercambio entre os docentes”. O conselleiro subliñou que a Educación Infantil correspóndese cun período da vida dos nenos e nenas, que constitúe “un espazo de vivencias e recreación cultural, valorando a educación como fonte de cultura transformada en coñecementos e saberes que potencien o desenvolvemento de habilidade, procedemento para pensar e interpretar o mundo, facilitando a conceptualización global da realidade que teñen os nenos e nenas desta etapa”.

No mesmo acto o conselleiro aproveitou para destacar o labor dos docentes de infantil aos que se dirixiu nos seguintes termos: “Os meus parabéns, pois sodes un dos colectivos máis participativos nas actividades de formación. Dende a Consellería apostamos por este profesorado que investiga e innova a prol da mellora do sistema educativo”.

O encontro ten como obxectivo o intercambio de experiencias e coñecementos entre os docentes desta etapa educativa. Unha reunión que promove a actualización dos docentes ao tempo que se dan a coñecer as principais liñas do Plan de Formación. Profesorado para o vindeiro curso. Entre os puntos que se tratarán destaca a implantación da LOE, e o novo currículo de Educación Infantil.

Ademais, nesta edición aproveitarase para reformular a práctica educativa. O enfoque por competencia modifica os puntos de vista convencionais sobre a forma de aprender e de ensinar sendo o principal o desenvolvemento das posibilidades do individuo mediante fórmulas de saber e facer contextualizadas.

Programa

Os asistentes terán a posibilidade de asistir ás conferencias de destacadas personalidades no mundo educativo como é o caso da coordinadora de proxectos de formación de profesores en diferentes rexións de España, Myriam Nemirovsky Taber. Ademais pasaran polo estrado a directora de “Proxectos pedagóxicos”, Amparo Escamilla González, a directora de “Casa Creativa” Angélica Sátiro, e a especialista en Intelixencia Emocional, María do Mar Romera Morón.

O programa completo está dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación na dirección http://centros.edu.xunta.es/contidos/asesoriainfantil/.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información