Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O conselleiro de Cultura di que a biblioteca e o arquivo da Cidade da Cultura deberán ser exemplo moderno da política de acceso á información

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reivindicou na inauguración do VII Congreso Internacional de Historia de la Lengua Española, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Historia de la Lengua Española, o papel fundamental que xogarán a Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura para facilitar o acceso dos cidadáns á información. “Han de ser un exemplo moderno en política de acceso á información e deberán garantir a transformación de esta información en coñecemento aplicado ao desenrolo humano en Galicia”, asegurou.

Neste sentido, o conselleiro anunciou “o compromiso ético” da Consellería de Cultura e Turismo ao deseñar o programa da Biblioteca e do Arquivo. “Pensamos que, en ambos casos, son institucións que, como recursos básicos de información e cultura e canto a estas se relaciona, han de estar comprometidas co servizo integral ao cidadán para procurar unha sociedade máis avanzada e xusta”, resumiu.

Roberto Varela tamén aproveitou a ocasión para convidar a todos os asistentes (filólogos, profesionais, investigadores, docentes e prescriptores de opinión) a visitar a Cidade da Cultura, “o gran proxecto cultural de Galicia, que é unha oportunidade para que esta idea que, progresivamente se materializa, vaia divulgándose, crecendo e tomando forma definitiva”. Nesta visita, os asistentes poderán coñecer os dous edificios da cidade da Cultura que están máis avanzados, que son a Biblioteca e o Arquivo, e quizás pola súa finalidade, os máis afines ao desempeño profesional dos participantes destas xornadas.

O conselleiro de Cultura e Turismo, afirmou que “a documentación arquivística e bibliográfica conforma fundamentalmente a memoria dun pobo” e que “os procesos identitarios no seno dunha comunidade dependen do que esta saiba de si mesma, de forma en que haxa configurado, transmitido e conservado en rexistros lingüísticos”.

A lingua como patrimonio cultural dun pobo

Durante 5 días Santiago de Compostela converterase no foro mundial da lingüística histórica da lingua española. Intervirán hispanistas de relevancia internacional que se ocuparán de resolver interrogantes sobre a evolución da lingua española, un sistema de comunicación verbal propio dunha comunidade intercontinental que posúe un extenso, milenario e rico patrimonio literario e lingüístico.

Roberto Varela, na súa intervención, incidiu en que “os idiomas, todos e cada un deles, son as grandes ferramentas da humanidade, instrumentos de comunicación dos que fan uso os membros dunha certa comunidade, conforme as cales a experiencia humana se analiza”.

Para o conselleiro, “o estudio histórico da constitución e desenrolo da lingua española é absolutamente imprescindible se queremos coñecer en profundidade aspectos esenciais das culturas e as sociedades que a empregan; se queremos comprender a evolución cultural do crisol de estados e rexións que se comunican nun idioma común 500 millóns de falantes”.

Do mesmo xeito, o conselleiro resaltou a importancia de que Santiago de Compostela sexa sede deste foro, xa que se trata “dunha cidade con unha forte dimensión simbólica, que representa un espazo de encontro de culturas, un lugar propicio para o diálogo sobre os camiños da lingua española”. “A lingua forma parte do patrimonio cultural de cada pobo , polo que como bens únicos, auténticos tesouros que debe salvagardar a esencia humana, e un e un modo de ser e estar no mundo”, manifestou.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información