A Xunta comprométese coa RAG no apoio ás Xornadas Luso-Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, comprometeuse co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Ernesto Viéitez Cortizo, a financiar e apoiar a celebración das Xornadas Luso-Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento. Esta é décimo oitava edición e se leva a cabo os días 20, 21 e 22 do mes de outubro en Santiago de Compostela.
As Xornadas Luso-Galaicas xurdiron en 1990 da colaboración entre a Real Academia Galega de Ciencias e as Universidades do Norte de Portugal co fin de potenciar liñas de investigación conxuntas. Desde entón, estas xuntanzas académicas repetíronse en diferentes cidades como Porto, Vila Real, Ourense e Chaves con indubidable éxito. Entre as de especial relieve cómpre destacar as terceiras desenvoltas en Porto, que contaron coa presenza de oito Reitores de Universidades do Norte de Portugal e de Galicia.
Estas sesións de traballo, do máximo nivel académico, desenvólveas a Real Academia de Ciencias e as universidades do norte de Portugal, co obxecto de impulsar a colaboración entre os estamentos científicos máis importantes de ambas as beiras do Miño. Nestes encontros abórdanse temas de xestión, coordinación e cooperación institucional, ademais dos propios intereses da comunidade científica.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia