Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A revista Etruria organiza o I Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega

Alejandro López Dobarro, Delegado da Xunta de Galicia, vén de participar na inauguración do I Congreso de Literatura Xuvenil Latinoamericana e Galega que se está a desenvolver no Centro Galicia de Buenos Aires coa participación de 150 especialistas na materia.

López Dobarro deu a benvida aos participantes no encontro e trasladou o interese da da Xunta por todas estas iniciativas que contribúen a achegar aos cidadáns residentes galegos en Arxentina, e á cidadanía arxentina toda, o acervo cultural de Galicia. Neste sentido, fixo fincapé en que os fillos dos emigrantes tiveron acceso ás historias dos seus devanceiros grazas á narración oral dos seus familiares e non tanto pola lectura das follas impresas, polo que valorou todo impulso que poda darse nesta liña.

“Estamos interesados e contribuiremos no que podamos para desenvolver iniciativas no eido da literatura porque coidamos que son instrumentos da liberdade”, asegurou o Delegado da Xunta en Buenos Aires na súa intervención.

I Congreso, con participación galega

Este encontro foi organizado pola revistade literatura xuvenil Etruria e conta coa declaración de interese do Ministerio de Educación da Nación arxentina. Nel participan especialistas de Arxentina, Brasil, Venezuela, Ecuador, e de Galicia, representada pola escritora e editora Ánxela Gracian.

Gracián ten a cargo unha mesa sobre “Literatura xuvenil galega e o seu desembarco en América” e outra sobre “os últimos anos de literatura xuvenil galega”. Entre os asistentes ao congreso figuran docentes, bibliotecarios e investigadores de latinoamérica.

Para maior información pódese consultar o blog do congreso http://www.congresoetruria09.blogspot.com
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información