Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Compostela acolle as xornadas A Ciencia Hoxe

O Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira Lema, inaugurou as Xornadas A Ciencia Hoxe, organizadas polo Servizo de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. As actividades conmemoran o Ano Internacional da Astronomía, e a elas asistirán 244 mestres de educación secundaria das especialidades de Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía e Física e Química.

As conferencias e exposicións programadas realizáranse no Conservatorio Profesional de Música de Santiago o primeiro e último día, mentres que para o segundo o IES Xelmírez II será o lugar elixido para a celebración dos obradoiros.

Con estas xornadas celébrase o 400 aniversario dende que Galileo Galilei empregara por primeira vez o telescopio para as observacións astronómicas (no 1609), e co bicentenario do nacemento de Darwin, o 12 de febreiro de 1809.

A coincidencia destas xornadas cos aniversarios foi algo que Mira Lema recordou durante a inauguración, e en relación cos traballos de Galileo Galilei e Darwin destacou que “as grandes obras son froito do traballo exhaustivo de moitos anos”. E sobre as xornadas o Director Xeral de Educación destacou que “entre os relatores destas xornadas figuran profesores e investigadores de recoñecido prestixio, nun encontro destinado a aunar investigación e didáctica para que o coñecemento e a aplicación na aula vaian da man”.

Programa

Os asistentes terán a posibilidade de asistir as conferencias de Mark Kidger, da Axencia Espacial Europea (ESA), que falará de A estrela de Belén. Mito e realidade, mentres que o profesor titular de Xenética da USC, Emilio Valadé del Río, falará de Darwin e o seu legado. O tema ¿Que é a astrofísica de partículas? correrá a cargo de Enrique Zas Arregui, catedrático de Física de partículas da USC, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo Durántez exporá o Percorrido pola historia da astronomía.

O programa complementarase con sesións de observacións do firmamento os días 10 e 11 dende o Campus Sur, así como con sesións de planetario, unha exposición fotográfica, outra de libros e unha de telescopios.

O mesmo tempo desenvolvéranse diversos obradoiros, entre os que destacan o Discurshow Matarratas Darwin a cargo do actor Vicente de Souza e o investigador Xurxo Mariño Alfonso, o día once.

O programa completo esta dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación na dirección http://www.edu.xunta.es/xornadascienciahoxe/
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información