Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Compostela acolle en 2010 o 32º Congreso do IBBY

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a presidenta da Organización Española para o Libro Infantil, María Jesús Gil Iglesias e o comisario da 32 edición do Congreso da International Board on Books for Young People, Xosé Antonio Neira Cruz, presentaron a edición número 32 do Congreso de IBBY, que terá emprazo en Santiago de Compostela entre o 8 e o 12 de setembro do vindeiro ano e estará englobado no Centro Internacional da Diversidade Cultural, con sede na Cidade da Cultura. A celebración do que é considerado como o máis importante evento relacionado coa literatura infantil e xuvenil estará encadrado no que a Xunta de Galicia declarou como Ano do Libro e da Lectura e integrarase dentro dos actos oficiais do Xacobeo 2010.

Segundo Roberto Varela, o evento contribuirá a potenciar a imaxe de Galicia e a súa expansión cun acto de cobertura mundial e servirá para presentar ante os maiores especialistas do libro e da lectura “a capacidade, vigor, calidade e proxección da nosa literatura infantil e xuvenil”. Respecto á decisión de IBBY de emprazar o seu congreso na cidade de Santiago, rexeitando outras candidaturas como París ou Amsterdam, Roberto Varela non ocultou a súa ledicia e agradecemento, e apuntou que “moi poucas cidades do mundo tiveron a honra de ser capitais mundiais da literatura grazas á organización dun congreso de IBBY”.

Baixo a presidencia de honra da Súa Maxestade a Raíña Sofía de España, da que se prevé a súa asistencia ao acto inaugural, e o patrocinio da Súa Maxestade a Raíña Margrette II de Dinamarca, entregaranse en Santiago de Compostela o ano próximo, as Medallas Hans Christian Andersen, tamén coñecidas como os Premios Nóbel da Literatura Infantil, pola súa afamada reputación. O evento de ámbito internacional, contribuirá a “facer da nosa comunidade unha célula de universalidade” e “ao seu prestixio alén das nosas fronteiras” ao situar a Galicia nunha lista na que figuran cidades da envergadura de Berlín, Londres, Tokio ou Florencia.

Proxección internacional

O congreso de IBBY, que terá lugar, xustamente hoxe, nun ano vista, coincidirá co Xacobeo 2010, no que podería ser, segundo o conselleiro, “o máis internacional e difundido da historia” e enmarcarase no Ano da Lectura, promovido pola Xunta en Galicia para 2010. Deste xeito, a comunidade galega e a Cidade da Cultura converteranse coa suma de todos estes factores, “nun altofalante sen precedentes sobre as moitas formas e distintos soportes a través dos cales entender a cultura, a literatura, a arte e a creatividade en todo o mundo” facéndose cun “lugar de indiscutible presenza no mapa da literatura mundial”, segundo asegurou o conselleiro Roberto Varela.

Sobre o Centro Internacional da Diversidade Cultural, creado o pasado 25 de agosto para referendar o éxito desta unión de culturas que abranguerá a Cidade da Cultura a partires do vindeiro 8 de setembro de 2010, o conselleiro adiantou hoxe na súa intervención a determinación de cohesionalo especificamente ao entorno do complexo do monte Gaiás. Roberto Varela afirmou que é “a mellor forma de demostrar calidade, eficacia, vontade de traballo e toda a modernidade que lle queremos imprimir a este proxecto colectivo”. O Centro Internacional da Diversidade Cultural, deseñado, proposto e desenvolto por Xosé Antonio Neira Cruz, acollerá no espazo da Cidade da Cultura á maior biblioteca e centro de estudo especializado nas literaturas infantís e xuvenís procedentes das culturas e linguas minoritarias.

A forza das minorías

Baixo o lema para 2010 “A forza das minorías”, a 32º entrega do Congreso de IBBY, chega a Santiago de Compostela tras navegar durante 50 anos polo mundo adiante coa súa mensaxe de promoción e apoio da lectura como bandeira. Comprometido na responsabilidade de IBBY por loitar en pro da diversidade e da pluralidade e en busca dunha conciencia de globalidade, o Congreso busca nesta ocasión tenderlle unha man ás minorías, para axudar aos que non poden falar e dar acubillo aos que non teñen voz. Utilizando as ferramentas máis antigas de cantas existen: a comunicación e a palabra, preténdese pór en valor o feito de que as persoas pertencentes a calquera tipo de minoría, teñen o dereito e o deber de protexer e conservar a súa cultura, relixión, forma de entender o libro e a lectura e empregar a súa lingua.

¿Qué é IBBY?

A International Board on Books for Young People (IBBY) constitúe unha organización conformada por setenta seccións nacionais. En España, IBBY, atópase representada pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil). IBBY é unha Organización Non Gobernamental, incorporada á Unesco e Unicef, acerrimamente defensora dos principios da Convención Internacional dos Dereitos do Neno. Dende a súa fundación en 1953 en Zurich, IBBY sempre tivo como punto de referencia básico o ámbito do libro infantil e xuvenil como contedor, suxeridor ou mediador de sensibilidades e formas de comunicar para desenvolver iniciativas de promoción da lectura en todos os países do mundo.

O Comité Executivo de IBBY é o encargado de determinar as políticas e programas da Organización. Está definido por dez persoas de distintos países e un Presidente, elixidos polas Seccións Nacionais no curso da Asemblea Xeral. Cada dous anos, unha Sección Nacional diferente actúa como anfitrioa do congreso.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información