Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Xunta e Amigos da Ópera promoven o LVII Festival de A Coruña

O conselleiro Roberto Varela asinou coa presidenta da Asociación de Amigos da Ópera de A Coruña, Natalia Lamas, o convenio polo que a Consellería de Cultura e Turismo destina 320.000 euros para a realización de accións conxuntas de preparación, produción, plan de comunicación e organización do LVII Festival de Ópera de A Coruña. Coa firma deste convenio, a Consellería de Cultura e Turismo comprométese a se responsabilizar das competencias de promoción da musica no ciclo cultural e co fin de garantir que as artes musicais cheguen a gran parte da cidadanía.

O programa do LVII Festival de Ópera será realizado por un equipo de profesionais e dirixido pola propia asociación, baixo as ordes do director do festival. Asemade, a consellería participará no deseño do programa e prestará asesoramento técnico ao longo do seu desenvolvemento, sendo programación definitiva un mutuo acordo. Establecerase un calendario de actividades, un informe final e gravaranse as actuacións realizadas, que poderán ser difundidas por calquera das partes. A duración do proxecto indicado esténdese ata o 15 de novembro do 2009.

Para o bo desenvolvemento das actividades establecidas no convenio asinado establecerase unha Comisión Mixta, integrada por representantes de cada unha das institucións ás que lle corresponderá o seguimento, interpretación e avaliación das accións derivadas do presente convenio. Ao finalizar a sinatura do acordo, o conselleiro Roberto Varela declarou que o fin de este convenio é “cultivar e fomentar a ópera e todas aquelas actividades que poidan conducir a expansión e coñecemento da mesma”.

Como colofón á xornada, Roberto Varela asistirá ao recital que o barítono Leo Nucci, artista de éxitos internacionais considerado como unha “lenda da ópera”, interpretará no marco do Festival nunha viaxe por grandes obras da ópera clásica italiana. Para este recital, a organización esgotou as entradas con varios días de antelación.

Asociación de Amigos da Ópera

A Asociación de Amigos da Ópera da Coruña ven desenvolvendo dende 1952 unha labor de continuidade no campo da promoción e difusión da cultura en galego, de representación de óperas musicais e de contribución cos seu programas e actividades en aras de enriquecer ao mundo da cultura galega. Esta organización dispón dos medios técnicos axeitados e profesionais de valía e recoñecido prestixio, suficientes para poder desenvolver as actividades mencionadas con extraordinaria eficacia. Tanto o tipo de actuacións que a asociación promove como as instalacións das que dispón son únicas en Galicia. A firma dunha axuda como a que achega a Consellería, convértese agora, nun pulo mais tanto para a Ópera coruñesa como para o conseguinte enriquecemento de toda a cultura galega.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información