Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Analizado o grao de execución do proxecto Toponimia de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu a Comisión de Toponimia, que tivo coñecemento dun informe sobre o grao de execución do Proxecto Toponimia de Galicia, entre outros asuntos.

O Proxecto Toponimia de Galicia, posto en marcha no ano 2000 como un proceso complementario ao Nomenclátor de Galicia, aborda a recuperación do que se vén chamando microtoponimia, é dicir, a toponimia referente ás entidades xeográficas distintas dos núcleos de poboación, tales como terras de cultivo, cursos de auga, outeiros e montes.

A iniciativa naceu coa intención de salvar un patrimonio que en Galicia é particularmente rico, debido a factores diversos como o espallamento da poboación no territorio, a división da terra en parcelas moi pequenas ou a orografía.

O Proxecto Toponimia de Galicia é unha medida da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aínda que todos os departamentos do Goberno galego se teñen implicado na iniciativa, de feito que precisamente a pasada semana o Consello da Xunta aprobou un financiamento para o proxecto de 520.000 euros no ano 2009, o que proba o compromiso do Executivo galego co mantemento da toponimia, catalogada pola Unesco como patrimonio inmaterial dos pobos.

Os responsables do proxecto explicaron hoxe que xa levan recollido un 34 por cento do territorio galego, o que representa máis de 400.000 topónimos e permite estimar que na súa finalización poderíanse ter recollidos case dous millóns de topónimos na comunidade.

Na Comisión de Toponimia están representados varios órganos da Administración autonómica (Administración Local; Política Territorial; Política Lingüística; Estatística,...), organismos científicos (Consello da Cultura Galega; Real Academia Galega; Instituto da Lingua Galega; Instituto Padre Sarmiento; Facultade de Xeografía) e seis vogais de libre designación.

Na reunión, ademais de dar conta do grao de desenvolvemento do Proxecto Toponimia, tamén se emitiron dictames sobre topónimos sobre os que se tiñan plantexado dúbidas, como foi o caso do de Balarés, no concello coruñés de Ponteceso, e Valdepeñas, no concello coruñés de Cee.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información