Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xesús Vázquez resalta a conexión de Cabanillas cos grandes poetas do Rexurdimento

O Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, afirmou durante a inauguración da mostra “Cabanillas e os artistas do seu tempo” que gracias ao poeta de Cambados “as grandes figuras do noso Rexurdimento como Pondal, Curros e Rosalía conectaron coas correntes máis innovadoras do seu tempo, o Modernismo e mailo Realismo”. O titular de Educación subliñou ademais que “arredor de Cabanillas, figuras como as de Castelao, Asorey, Palacios, Seoane, Cebreiro, Camilo Díaz e mailo seu fillo, o noso amigo Isaac Díaz Pardo, entre outros, forman unha constelación de estrelas que iluminan e dignifican a xeografía humana da nosa terra.”

Vázquez Abad fixo estas declaracións durante a inauguración da exposición “Cabanillas e os artistas do seu tempo” organizada polo Museo de Pontevedra e o Concello de Cambados. Na inauguración tamén estiveron presentes o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde.

Esta exposición realízase con motivo do cincuenta aniversario do pasamento do poeta, natural do concello pontevedrés. Nela, analízanse as relacións de Cabanillas cun numeroso grupo de artistas galegos, como Castelao, Lloréns, Asorey, Díaz Pardo, Seoane, Maside, entre outros, o que tamén nos permite coñecer a evolución creativa do poeta.

O titular de Educación destacou tamén a intención “pedagóxica e reivindicativa” que posúe a exposición e espera que sexa “o inicio dun exercicio de memoria histórica que moitos coma nós agardamos se repita noutros concellos” Pola súa parte, o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas, afirmou que esta iniciativa “permítenos dar un paso definitivo cara o reencontro con don Ramón, coa súa mirada e coa súa escrita”.

López Barxas declarou tamén que se “abraia de encontrar reunidos ao redor de Cabanillas a aqueles artistas galegos que lle deron a Galicia un paso máis como sociedade, un chanzo máis elevado nos diálogos do pensamento, da sensibilidade estética e da identificación colectiva que comezara nun Rexurdimento do que ainda somos herdeiros e debedores”.

Por último, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, suliñou no acto inagural que “Don Ramón foi un dos cambadeses máis ilustres, un gran poeta que se inspirou nas paisaxes cotiás e inmemoriais da comarca, no duro traballo dos mariñeiros e dos labregos, a xente do mar e a do agro tan presente nos seus poemas”. A mostra “Cabanillas e os artistas do seu tempo” permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de setembro no Pazo de Torrado de Cambados.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información